Festival E-Poetry en Buffalo

A cidade norteamericana de Buffalo acolle do 18 ao 21 de maio a décima edición do festival E-Poetry 2011, un dos que marca as pautas na innovación das artes e linguaxes dixitais no mundo. Con edicións previsas en West Virginia, Londres, París e Barcelona, o festival leva definido internacionalmente a poética literaria dixital. Creou unha liña continua de investigación que abarca a performance, a experimentación e intercambios académicos e artísticos.

Estarán presentes os autores e investigadores máis importantes a dia de hoxe da literatura electrónica, como Alan Bigelow, Nick Monfort, Mark Marino, Lori Emerson, Wilton Azevedo, Talan Memmott ou Loss Pequeño Glazier. Procedentes de España e Portugual estarán autores como Manuel Portela, Belén Gache ou Eugenio Tisselli. O programa completo está dispoñible en pdf.

No seu 10º aniversario, o festival proponse iniciar unha nova era na literatura dixital. Desde os seus comezos, E-Poetry foi pioneiro no seu eido e creceu con máis forza en cada edición. A do 2011 aspira a marcar a culminación dos seus primeiros dez anos e estabelecer un modelo para futuros festivais. Busca avanzar o diálogo do dixital cara a unha escena comprometida coa actividade académica á que o campo se presta.