Seminario sobre Transmedia na Coruña

A Asociación Galega de Guionistas, en colaboración coa Universidade de A Coruña, organiza por primeira vez en Galiza un Seminario de Desenvolvemento de Proxectos Transmedia, “O futuro da narración multiplataforma: Transmedia”.

Cales son os novos camiños no mundo do entretemento audiovisual? Cara onde camiña a ficción? Como influirá internet na creación de contidos? Xordirán novas formas narrativas? Transmedia, crossmedia e contidos multiplataforma, cales son as súas diferencias? Que ten de revolucionario o concepto transmedia? Poderedes obter resposta a estas cuestións no I Seminario de Desenvolvemento de Proxectos Transmedia.

Impartido por Gemma Dunjó, Productora Transmedia e Story Architect do primeiro proxecto transmedia de España “Panzer Chocolat” producido por Filmutea

Lugar: Salón de Graos – Facultade de Ciencias da Comunicación da Univ. de A Coruña – Campus Elviña
Data: Venres 1 de xullo de 2011
Hora: 15.45 – 20.00
Prezo: Gratuito para os socios de AGAG e estudantes /profesores da UDC
25 € non socios
15 € estudantes (agás os da UDC para os que é gratuito)

O programa do Seminario divídese en dúas partes:

15.45 – 17.45
Parte 1
1. Que é o Transmedia? Como e onde xorde? É o futuro do audiovisual? Posibles formatos integrados nun proxecto Transmedia. Gurús do Transmedia. Tipos de Transmedia.
2. Exemplos de Proyectos Transmedia
3. Diseño de Proxectos Transmedia: Story World, Visualización Gráfica e Visualización do Guión. O papel do guionista nun proxecto Transmedia. Novas habilidades necesarias.

Descanso 15 min.

18.00 – 20.00
Parte 2
1. Panzer Chocolate. O primeiro proxecto Transmedia de España. Orixe, desenvolvemento da idea, descrición. O novo papel do Director/Productor. Experiencia persoal: dificultades, prazos, anécdotas. Traballo multidisciplinar. O traballo co guionista (videoxogo, película…).
2. O papel da comunidade nun proxecto Transmedia: financiación, distribución, promoción (viralidade, redes sociais, interactividade, UGC…)
3. Conclusións.

Tarifas

Socios de AGAG: Gratuito
Estudantes / Profesores da Universidade de A Coruña: Gratuito

Tarifa xeral (non socios de AGAG): 25 €
Tarifa especial estudantes (agás os da UDC): 15 €

NOTA: Tanto os estudantes/profesores da UDC como os estudantes doutras institucións deberán acreditar a súa condición debidamente (escaneado do carnet de estudante ou similar) a alfondelapuente@hotmail.com

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 30 xuño de 2011. Hai prazas limitadas.

Pasos para formalizar a inscripción (para socios e non socios)

1. Enviar un mail a Alfonso de la Puente (Secretario de AGAG) a alfondelapuente@hotmail.com para comprobar a disponibilidade de prazas. No devandito mail débese facer constar nome e apelidos do solicitante.

2. Unha vez confirmada a disponibilidade de prazas, os non socios efectuarán o pagamento dos 25 €/15 € (segundo corresponda) a través de transferencia bancaria (ou ingreso en ventá) á seguinte conta antes do 30 de xuño de 2011:

Entidade: NovaCaixaGalicia
Número de conta: 2080 0404 14 0040108587
Concepto: Nome e apelidos pagador
Beneficiario: Asociación Galega de Guionistas

OBRIGATORIO (para os non socios): Enviar recibo da transferencia escaneado (ou “pantallazo”) a alfondelapuente@hotmail.com

Gemma Dunjó (Figueres, 1975)
Gemma Dunjó é Produtora Transmedia e Story Architect en Filmutea. Actualmente está a traballar no proxecto Transmedia ‘Panzer Chocolate’; no que o storyworld engloba varios formatos: unha longametraxe de Terror como elemento central, un Videoxogo para iPhone, iPad, Android, PC, Mac e Flash; un
Motion Cómic; Interactividade por Móbil; un ARG (Alternative Reality Game); unha sorpresa por Internet e Realidade Aumentada.

Desde o lanzamento de Filmutea en 2005, Gemma aposta polo potencial de Internet e as tecnoloxías dixitais na industria audiovisual, así como polas historias contadas a través de múltiples plataformas e formatos para atraer a novas audiencias; actualmente moi fragmentadas debido aos novos modelos de
consumo de entretemento e interacción social. É consultora desde 2009 no Posgrao da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) en “Innovación en creación de contidos audiovisuais”, de dúas materias: (a)
Modelos de Negocio; e (b) Conceptualización e desenvolvemento de contidos crossmedia. Así mesmo, Gemma foi convidada a numerosas charlas sobre Transmedia e novos modelos de financiamento na industria audiovisual entre as que destacan: Mercado de Empresas- CrossVideoDays, Paris (Jun11); Xornada sobre Innovación na Industria de Contidos, CLAB, Mallorca (May11); 1er Encontro de Empresas Audiovisuais Cidade de San Sebastián, PIA (Sep11).

Máis información sobre Transmedia:
http://www.powertothepixel.com/
http://transmedianext.com/

Máis información sobre localización da Facultade de Ciencias da Comunicación, nesta ligazón http://maps.google.com/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode&q=43.332991%2C-8.413093&sll=43.333388%2C-8.410678&sspn=0.008132%2C0.01929&ie=UTF8&t=k&ll=43.333177%2C-8.414358&spn=0.004066%2C0.013733&z=17

Acceso en autobús: Linea E (de Especiales) Universidade. Parada 348 – Glorieta Campus
Elviña. http://www.tranviascoruna.com/ga/

Máis información sobre Filmutea en:
http://www.filmutea.com/

Máis información sobre Transmedia Project Panzer Chocolate:
http://www.panzerchocolate.com/