Marina Abramovic convertida en meme: a performance na (nova) cultura popular

Coa súa performance The Artist is Present, que realizou o ano pasado no MOMA de Nova York, Marina Abramovic converteuse na primeira artista de performance que, rozando o mainstream, consegue facerse un sitio na cultura popular do século XXI. Isto é, a dos blogs, a dos videoxogos, a dos memes de internet.

Sobre a cultura do meme aínda non hai moita teoría escrita, o que é estraño tendo en conta que os memes son un dos motores de internet, e eu creo que un dos mecanismos de creación colectiva espontáneo máis poderosos dos que levamos experimentando no comezo do século XXI. Un meme de internet é un fenómeno que se populariza a través da rede e que consiste en coller un concepto e repetilo, parodialo e modificalo ata o infinito, facendo que se espalle moi rápido de xeito viral, e que as sucesivas derivacións, creadas de xeito anónimo, se difundan igulamente. Velaquí unha liña de tempo interactiva cos memes máis famosos dos últimos anos.

Pois ben, a performance The Artist is Present, que consistía en que Abramovic sentaba nunha mesa e quedaba quieta durante horas mentres os distintos visitantes ían sentando diante dela e quedábanse mirando fixamente un bo anaco, alcanzou grande popularidade na rede, tamén porque usou adecuadamente os novos medios para promocionarse. Por exemplo, colgando promocións en Youtube.

Artigo publicado por María Yáñez en Magmática. Seguir lendo.