Novas narrativas para novos soportes, conferencia impartida por María Yáñez no OUFF

Foto: La Región

O pasado 18 de outubro María Yáñez, investigadora do proxecto Le.es, participou nas Actividades Profesionais do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) cunha Master Class titulada “Novas narrativas para novos soportes”, na que fixo un repaso pola historia recente da creación en soportes dixitais, e en como os novos medios están revolucionando a industria audiovisual, non só dende o punto de vista da distribución e da produción, senón sobre todo na maneira de contar historias. Desde as primeiras narracións hipertextuais ata o documental interactivo, pasando polos videoxogos, o remix ou o transmedia, María Yáñez fixo un repaso cargado de exemplos que podedes ver enlazados nesta presentación.

O xornal La Región fíxose eco desta actividade.