Máis de 30 especialistas e investigadores debaterán en Madrid sobre as relacións entre teatro e internet

Como xa anunciamos en febreiro, o XXII Seminario Internacional de SELITEN@T (Centro de Investigación de Semiótica Teatral y Nuevas Tecnologías da UNED) celébrase os vindeiros días 25, 26 e 27 de xuño en Madrid. Este ano dedícase a estudar as relacións entre teatro e internet producidas tanto en España (e nas súas diferentes linguas), como en Iberoamérica e noutros ámbitos internacionais, entre os anos 2000 e 2011.

Xa se coñecen os nomes dos ponentes, tanto nas sesións plenarias como no apartado de comunicacións. Nas sesións plenarias participarán dramaturgos como Luis Araújo (“Un intento de escritura dramática global (El proceso de creación de Dios está muy lejos)”), Diana de Paco Serrano (“¿Una nueva protagonista? El papel de la red en nuestros textos dramáticos”) ou Jerónimo López Mozo (“Internet: de herramienta útil a materia dramática”), críticos teatrais como Juan Ignacio García Garzón (ABC), e e diferentes expertos vinculados á UNED como Raquel García-Pascual (“Metodología de educación a distancia en la docencia del teatro contemporáneo: el recurso a las plataformas web”), Pilar Espín Templado (“Teatro lírico e Internet: Ópera, Zarzuela y Musicales. Presente y futuro en las nuevas tecnologías”), Ana María Freire López “El teatro de los siglos XVIII y XIX en Internet: luces y sombras”), Miguel Ángel Pérez Priego (“El teatro medieval, enREDado y enredoso, con unas apostillas sobre el teatro renacentista”) ou José Romera Castillo, director de SELITEN@T, coa ponencia “Sobre teatro e Internet”.

Completan este apartado Berta Muñoz Cáliz, do Centro de Documentación Teatral, que falará de “Recursos en Internet para la investigación del teatro español del siglo XXI”, Laeticia Rovecchio e Alba Urban para falar de “Anagnórisis: revista de investigación y su biblioteca virtual teatral” e Germán Vega García-Luengos, da Universidad de Valladolid que falará de “El gran teatro del Siglo de Oro de la Red Mundial: realidades y proyectos”.

No tocante ás comunicacións, haberá ponentes procedentes de distintas universidades de España, México, Brasil, Italia, Francia e Rusia. Pódese consultar na rede a listaxe completa de relatores xunto con outra información de interese.