Accesible na rede o último número da revista Texto Digital

O último número da revista Texto Digital da Universidade Federal de Santa Catarina, Florianópolis (Brasil) vén de editarse cunha serie de artigos que van dende a análise de sistemas e a súa aplicación á literatura ata unha ollada ao fenómeno do flash mob, e que inclúe un dossier sobre literatura dixital en lingua inglesa, coordinado pola profesora e investigadora da Universidade Complutense de Madrid María Goicoechea de Jorge.

A revista convidou a María Goicoechea (integrante do LEETHI Research Group – Literaturas Europeas y Españolas del Texto al Hipertexto, nos apresenta “Digital Literature In English: an Intercultural/Transliterary Approach”) a coordinar este dossier sobre o estado actual da literatura dixital en lingua inglesa, analizando obras e lecturas que abordan a indefinición de fronteiras culturais e literarias. Así o explican na introdución da revista: ” Por meio de uma abordagem transliterária, os artigos voltam-se para a reflexão acerca das propostas literárias que transcendem certas tradições literárias e culturais. Há a perspectiva da Literatura Comparada, que ressalta ora as diferenças ora as demarcações, mas também as fusões, os empréstimos e os contágios do ciberespaço, o qual consubstancia a desterritorialização do texto”.

Neste dossier inclúense textos da propia María Goicoechea de jorge (“The Mechanic Eye: North American Visual Poetry in the Digital Age”), Maya Zalbidea Paniagua (“Exploiting Hypertext’s Potential for Teachig Gender Studies”), Laura de la Parra Fernández (“Writing Out, Reading In: The Poetic Persona on Young Blogging Writers”), Giovanna di Rosario e Laura Borràs (“Translating Digital Literature: Two Experiences and a Reflecion”), ou Pilar García Carcedo, que asina canda Goicoechea o artigo “Alice Through the Computer Screen: a Study of Literary Reading and Writing on Digital Displays”.

Tamén podemos atopar n a revista un pequeno dossier temático escrito por Débora Cristina Santos Silva e Keila Matida de Melo Costa, titulado “Percursos da Leitura entre a Página e a Tela: uma Multiplicidade de Sentidos”. E os artigos de Paulo de Tarso Cabrini Júnior (“Haikai – Umar Experiência com Análise de Sistemas”), Ana Lígia de Oliveira Trindade, Ewerton Luis Faverzani Figueiredo, Nádia Maria Weber Santos, Patrícia Kayser Vargas Mangan e Robson da Silva Constante (“Multiculturalismo Urbano: o Fenômeno Flash Mob”) e Ana Beatriz Barroso (“Além do Códex”).

No apartado de creación a revista Texto Digital presenta obras de Suzete Venturelli e de Marc C. Marino, de quen tamén se inclúe unha entrevista feita por María Goicoechea.

Todos os contidos da revista están accesibles online.