A Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos acolle unha exhibición de literatura electrónica das tres últimas décadas

Electronic LiteratureUnha escolma das obras máis significativas da literatura electrónica exhibirase na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos entre os vindeiros 3 e 5 de abril. A mostra titúlase “Electronic Literature & Its Emerging Forms” e está organizada en tres seccións principais: Electronic Literature Stations, Context Stations, and Creation Stations. Traballos de Michael Joyce, Stuart Moulthrop, Emily Short, Mark Marino ou Eduardo Kac poderán verse neste percorrido pola historia recente da e-literatura, canda unha mostra especial do traballo de Deena Larsen.

En total serán 27 obras as que recolla a mostra, cun itinerario dividido en varias estacións: A estación número 1 chámase ”From Concrete to Kinetic Poetry” e inclúe os traballos de Eduardo Kac, “Nao!” (1982/84), Dan Waber, “Strings” (1999),
Thom Swiss, “Shy Boy” (2002), Robert Kendall, “Faith” (2002 ) e A. J. Patrick Liszkiewicz, “Afeeld” (2010).  A estación número 2 leva por título “From Cut Up to Broken Up” e a ela adcríbense as obras de Michael Joyce, afternoon: a story, (1990), Stuart Moulthrop, Victory Garden (1991); Judy Malloy, its name was Penelope (1993); Jennifer T. Ley, The Body Politic (1999); M.D. Coverley, Egypt:  The Book of Going Forth by Day (2006)e de Stephanie Strickland, slippingglimpse (2007).

A terceira estación,  ”From Pong to Literary Games”, leva traballos de Nick Montfort, “Ad Verbum” (2000), Emily Short, Galatea (2000), Jason Nelson, “Game, game, game and again game” (2007), Alan Bigelow, “This Is Not a Poem,” (2010), Jason Edward Lewis, P.O.E.M.M. sequence (2011); Jody Zellen, “Spine Sonnet” (2012) e Mark Marino, “Living Will” (2012). A cuarta estación titúlase ”From the Great American Novel to the Digital Multimodal Narrative”, con obras deRand Miller, Robyn Miller, & David Wingrove, Myst (1993), Michael Mateus & Andrew Stern, Façade (2005), Ingrid Ankerson & Megan Sapnar, “Cruising” (2001), Evan Young & Geoffrey Young, The Carrier (2009) e Steve Tomasula, TOC the Novel (2009) Na quinta estación, ”From Artist Books to Electronic Art”, participan Talan Memmott, Lexia to Perplexia (2000), Erik Loyer, “Strange Rain” (2010), Electronic Literature Collection 2, (2011),  Amaranth Borsuk & Brad Bouse, Between Page and Screen (2012).

Deste xeito a mostra “Electronic Literature & Its Emerging Forms” proponse dar unha visión curada e contextualizada da evolución da literatura electrónica determinando estes camiños, dende a aproximación máis poética ao máis narrativo. ou as formas máis próximas ao net.art.

Ademais haberá distintas conferencias e paneis ao longo dos tres días. Pódese consultar o programa enteiro na súa web. Tamén é moi interesante le a declaración curatorial das comisarias da mostra, Dene Grigar e Kathi Inman Berens.