Preconferencia sobre narrativa transmedia, o vindeiro xuño en Londres

madmenA International Communication Association (ICA) organiza en Londres unha xornada titulada Preconference in Transmedia Stortytelling, que ten por obxectivo crear un entorno interdisciplinar para o intercambio de experiencias investigadoras sobre narrativa transmedia. Será o vindeiro 17 de xuño no Hilton Metropole London Hotel da capital británica.

Nun contexto no que os procesos de converxencia mediática están a mudar por completo o panorama da comunicación tradicional, a proposta do ICA parte da premisa de que moitas producións contamporáneas caracterízanse por 1) a expansión da súa narrativa a través de diferentes medios (cine, TV, comics, etc), e plataformas (blogs, Youtube, etc) e 2) a creación de contidos xerados polos usuarios que contribúen a expander a historia orixinal. Isto é o que Henry Jenkins chamou transmedia storytelling e que a conferencia quere poñer no centro da investigación, abordándoo desde diferentes aproximacións: os Media Studies, a economía política, a economía dos medios, a narratoloxía, a ludoloxía, os Film Studies, a semiótica, a etnografía, etc. Desde esta fragmentación os obxectivos do congreso son:

  • Debater o estado da investigación sobre transmedia no mundo.
  • Presentar, difundir e debater os máis innovadores estudos sobre transmedia en todo o mundo.
  • Ofrecer un entorno interdisciplinar para intercambiar metodoloxías, aproximacións e experiencias na investigación en trasmedia.
  • Consolidar unha rede internacional de investigadoras/es en transmedia.

Na preconference aberá lugar para presentacións e paneis, conferencias maxistrais e debates informais, e esta aberta a calquera persoa interesada no tema. O prezo da inscrición é de 115 dólares (uns 90 euros).As keynotes correrán a cargo de Robert Pratten (Transmedia Storyteller Ltd.), Sarah Atkinson (University of Brighton), Elizabeth Evans (University of Nottingham)e Göran Bolin (Södertörn University). O comité organizador compóñeno Carlos A. Scolari (Universitat Pompeu Fabra, Barcelona, Spain)e Indrek Ibrus (Tallinn University, Estonia).

 

 

http://ica2013transmedia.wordpress.com/