A revista Caracteres pide colaboracións para o seu vindeiro número sobre Humanidades Dixitais

caracteres1A revista Caracteres, unha publicación académica independente para a investigación e análise crítico da cultura, o pensamento e a sociedade da esfera dixital, abre a súa convocatoria para propostas de artigos para o número 2º do vol. 2 deste ano 2013.

Caracteres fundouse en 2011 baixo a dirección de Daniel Escandell Montiel con espíritu interdisciplinar, prestando especial atención nos estudos literarios, lingüísticos, educativos, filosóficos e hipermedia. Segundo explican na súa web, a revista “nace con el objetivo de dedicarse principalmente -pero no de manera exclusiva- a la crítica literaria y lingüística centrándose sobre todo en las nuevas pantallas y en las relaciones que se establecen entre público y creadores. Nuestra perspectiva investigadora se enmarca en la tradición de los estudios culturales y de las tendencias surgidas a raíz de las diferentes reflexiones sobre nuevas formas de entender la confluencia entre las Humanidades y lo digital-tecnológico”.

Ata o de agora levan publicados 3 números nos que participan autores de diferentes ámbitos e países, como Celia Corral, Eugenio Tisselli, Genara Pulido, Álvaro Llosa, Daniel Esparza ou Juan Carlos Cruz Suárez. A maioría deles son novos investigadores e expertos do campo da Teoría da Literatura, a Lingüística, as Artes, a Psicoloxía, a Historia ou a Comunicación.

Caracteres edítase en España baixo el ISSN 2254-4496 e está recollida en bases de datos, catálogos e índices nacionais e internacionales, tal e como se pode consultar na web. A recepción de artigos para o seguinte número pecharase o 1 de outubro de 2013. As propostas que buscan son de artigos de investigación sobre Humanidades Dixitais e que, por tanto, estuden a confluencia de disciplinas como a Filoloxía, a Historia, a Filosofía, etc coa tecnoloxía dixital e o científico-téncico. Segundo indican, publican tamén recensións de libros e artigos de divulgación, que inclúen experiencias dixitais, hipótesis en desenvolvemento etc.