Zaragoza acolle o I Salón de Literatura Transmedia

O I Salón de Literatura Transmedia celébrase esta fin de semana en Zaragoza, no marco do proxecto de fomento de industrias de contidos dixitais TransmediaZ. Nel participan, entre outros, Paula Ortiz, Agustín Fernández Mallo, Eloy Fernández Porta, Manuel Vilas, Begoña Oro, Fernando Marías, David Lozano, Laura Borràs ou a Fundación Germán Sánchez Ruipérez

Entre os obxectivos deste salón están o de acercarlles aos cidadáns as novas narrativas xurdidas no ámbito dixital a partir da converxencia entre os distintos medios e a aparición de novas prácticas sociais e culturais asociadas a eles, favorecer a divulgación de novos contidos e interfaces para o entretemento e a educación e darlles visibilidade aos editores e escritores que innovan e experimentan coas novas formas narrativas que xorden na intersección da literatura e as novas tecnoloxías.

O programa está composto por seminarios onde se dará conta de casos de estudo en torno á narrativa transmedia, como o proxecto “Bodas de sangre” de Paula Ortiz, talleres destinados á aplicación de relatos transmedia na educación, contacontos e mesas de debate e experiencias nas que se falará do lector dixital, do papel do lector ou dos novos camiños para a novela.

Pódese descargar o programa completo na web de TransmediaZ.