Versogramas - esquema transmedia

Versogramas, unha viaxe arredor da videopoesía

“Versogramas” é un proxecto transmedia posto a andar o pasado ano pola poeta e produtora ourensá Celia Parra e os realizadores Juan Lesta e Belén Montero (Esferobite), recoñecidos polo seu traballo na videoarte, a performance audiovisual e o vídeo experimental.

Versogramas - esquema transmedia

 

 

Composto por un documental de creación, unha web interactiva, unha longametraxe experimental e unha exposición museística, con esta aproximación 360º Versogramas quere atrapar o público na descuberta da videopoesía a través das voces e das imaxes de distintos creadores e investigadores, conformando un caleidoscopio de versos, fotogramas e sons que pretende dar unha mirada nova, cercana e sorprendente a este xénero poético.

Polo de agora a web do proxecto ofrece un teaser do documental, e tamén un blog no que ir seguindo as novidades e tamén a actualidade no mundo da videopoesía. Os impulsores de Versogramas tamén exercen de curators no blog e nas redes sociais, onde comparten e comentan cada semana un videopoema diferente e ofrecen así un bo punto de partida para irnos mergullando no mundo da videopoética e no seu panorama creativo galego e internacional.

Este é o avance do proxecto que podemos ver na súa web: