O texto literario na era dixital. Xornadas formativas na Universidade da Coruña.

Expertos humanistas (escritores, profesores de literatura, profesores de didáctica, tradutores, etc.) participarán no curso “O texto literario na era dixital: creación, difusión e didáctica”, que se celebrará na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña os días 20 e 21 (de 16 a 21 h.) e 22 de outubro (de 10 a 14 h.) e que pretende analizar os cambios producidos nos últimos anos, coa irrupción das tecnoloxías da información, na forma de ler, escribir, ensinar, traducir ou interpretar os textos literarios.

Participarán no curso Andrea Maceiras (escritora e profesora de ensino secundario), Montserrat Muriano (profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na UDC), Ana Alonso (profesora de ensino medio), Ramón Méndez (primeiro doutor en Tradución e paratradución de videoxogos de España, UVigo) e Sonia Méndez (cineasta e actriz).

Máis información na web do SILAE, Seminario interdisciplinar para el estudio de la Literatura áurea española, da UDC.