Arquivo da categoría: Cibercultura

A revista Caracteres pide colaboracións para o seu vindeiro número sobre Humanidades Dixitais

caracteres1A revista Caracteres, unha publicación académica independente para a investigación e análise crítico da cultura, o pensamento e a sociedade da esfera dixital, abre a súa convocatoria para propostas de artigos para o número 2º do vol. 2 deste ano 2013.

Caracteres fundouse en 2011 baixo a dirección de Daniel Escandell Montiel con espíritu interdisciplinar, prestando especial atención nos estudos literarios, lingüísticos, educativos, filosóficos e hipermedia. Segundo explican na súa web, a revista “nace con el objetivo de dedicarse principalmente -pero no de manera exclusiva- a la crítica literaria y lingüística centrándose sobre todo en las nuevas pantallas y en las relaciones que se establecen entre público y creadores. Nuestra perspectiva investigadora se enmarca en la tradición de los estudios culturales y de las tendencias surgidas a raíz de las diferentes reflexiones sobre nuevas formas de entender la confluencia entre las Humanidades y lo digital-tecnológico”.

Ata o de agora levan publicados 3 números nos que participan autores de diferentes ámbitos e países, como Celia Corral, Eugenio Tisselli, Genara Pulido, Álvaro Llosa, Daniel Esparza ou Juan Carlos Cruz Suárez. A maioría deles son novos investigadores e expertos do campo da Teoría da Literatura, a Lingüística, as Artes, a Psicoloxía, a Historia ou a Comunicación.

Caracteres edítase en España baixo el ISSN 2254-4496 e está recollida en bases de datos, catálogos e índices nacionais e internacionales, tal e como se pode consultar na web. A recepción de artigos para o seguinte número pecharase o 1 de outubro de 2013. As propostas que buscan son de artigos de investigación sobre Humanidades Dixitais e que, por tanto, estuden a confluencia de disciplinas como a Filoloxía, a Historia, a Filosofía, etc coa tecnoloxía dixital e o científico-téncico. Segundo indican, publican tamén recensións de libros e artigos de divulgación, que inclúen experiencias dixitais, hipótesis en desenvolvemento etc.

TKB: Ferramentas e base de coñecemento para as artes performativas dixitais

tkb3No Centro de Lingüística da Universidade Nova de Lisboa naceu o proxecto TKB (A Transmedia Knowledge-Base for Performing Arts), que se declara “nos intersticios entre a lingüística e os estudos de artes performativas” e que ten como obxectivo construír unha base de coñecemento aberta e multimodal para documentar e apoiar a creación de pezas de danza contemporánea. O proxecto comezou no 2009 e neste 2013 chega á súa fin.

Nel colaboran a Faculdade de Ciências e Tecnologia da Universidade Nova de Lisboa (Interactive Multimedia Group), o  Centro Coreográfico O Espaço do Tempo: Montemor-o-Novo e a  AHK: Amsterdam Hogeschool voor de Kunsten da Universidade de Amsterdam.

Os principais resultados que se acadaron neste proxecto foron un software para a creación de danza contemporánea e unha base web para agrupar o coñecemento xerado en torno á esta disciplina e as súas relacións cos medios dixitais.

O software chámase polo de agora Creation Tool e trátase dun anotador de vídeo que serve para axudar no proceso creativo dos coreógrafos e funciona como un caderno dixital onde se poden facer anotacións en tempo real sobre un vídeo de danza. O desenvolvemento desta ferramenta seguiu un proceso de deseño iterativo no que participaron dous coreógrafos e que foi testado con bailaríns internacionais durante unha residencia-taller de danza contemporánea. O software pódese descargar na web do proxecto, canda un manual e diversas ilustracións e exemplos de uso.

A Knowledge-Base  lanzarase durante este ano e foi concebida como un recurso aberto e dinámico que funcionará como unha plataforma de relacións para todos os creadores, artistas e investigadores das artes performativas que queiran compartir os seus procesos creativos, métodos de traballo ou pezas rematadas.

Outra das actividades que realizou este ano o proxecto TKB foi o congreso internacional Multimodal Communication: Language, Performance and Digital Media, que se no mes de maio en Lisboa, en no que se presentaron os recursos mencionados. Podemos ler unha completa crónica na revista Digicult, e tamén este vídeo no que se resumen as principais ponencias do congreso.

Clausura do curso European Digital Literatures en Medialab-Prado

logo_IPUniversidad Complutense de Madrid, en colaboración coa Université Paris 8, a University of Ljubljana, a Universidade Fernando Pessoa, a Universitat de Barcelona e a University College Falmouth acolle dende o 17 de xuño un Erasmus Intensive Program dedicado á literatura dixital no que parcipan 30 estudantes e máis de dez profesores destas Universidades. O curso finaliza este 5 de xullo cun acto de clausura no que se exhibirán distintos traballos feitos polos alumnos, xunto cos de algúns dos profesores de ámbito internacional que estiveron presentes en Madrid durante estes días.

O acto celebrarase en MediaLab-Prado, organizado por este centro e polos profesores Amelia Sanz e Philippe Bootz e nel amosarán a súa obra Patricia Esteban (Proxecto Máscaras interactivas), Lara Sánchez Coterón (Proyecto Yoctobit), Kevin McCourt e Guillermo Casado (Proxecto de Escritura Colaborativa), Yago Torroja (Proxecto Sono Escénica) e Chris Sugrue (proxectos). Presentarán tamén as súas creacións os artistas Philippe Bootz (París), Jerome Fletcher (Falmouth) e Rui Torres (Oporto), canda os estudantes que han fixeron as mellores obras durante el curso.

Na web do curso pódese obter máis información pola dinámica e contidos do mesmo, e tamén pola súa filosofía, que se presenta así:

This Erasmus Intensive Program dedicated to digital literature is unique in Europe. You might think that it was limited to a specialized avant-garde field and would only interest a few enthusiasts. Far from it! Digital Literature, for sixty years now, has used and misused the computer, explored its possibilities, and questionned its everyday use. It has developed innovative approaches, and anticipated uses of the computer that are common today, highlighting both the limits and the rich potential of the digital. Creative, of course it continues to propose new possibilities, as a way of subverting the normative practices that the industry is trying to impose. Digital literature exploits the traditional computer as well as mobiles, tablets, social networks, geolocalisation and all the environments that the digital creates. It is is forward-facing. That’s why engaging with this inititiative at the intersection of technology and creativity will be of interest to many disciplines. It will be an asset of particular benefit to tomorrow’s creative professionals, whether they are working in the humanities, in artistic or literary fields, or in computer science. This is why we wanted to make this course available to as many disciplines as possible, in an attempt to gather a group of students with complementary skills.

 

Hai poesía en Google?

Cada día Google está máis presente nas nosas vidas: xestiona o noso correo, os nosos documentos, as nosas comunicacións, os nosos vídeos e ata o mapa dos sitios polos que nos movemos. Con Google Plus quere extender a súa presenza a un territorio xa conquistado por outros, as redes sociais. E sen o seu buscador xa non podemos vivir, substituiu a nosa memoria. Mais esta máquina que tanto nos controla é capaz por si mesma de producir algo parecido á poesía?

A reposta é que a poesía pode aparecer no lugar máis inesperado, só hai que querer vela. Así o fixo Davi Carneiro, un xornalista e escritor brasileiro que vive entre Barcelona, Brasil e Romenia, e que dende hai uns meses publica en Tumblr Poesia do Google, un blog con capturas de posibles poemas atopados por el e polos seus lectores, apartir das procuras suxeridas en Google cando introducimos algún termo para buscar. Por exemplo, poden saír pezas coma esta:

poesiagoogle1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A idea de facer este blog capturando a poesía que pode haber en Google non é orixinal senón que está tirada de Google Poetics, que se dous finlandese lanzaron en inglés por primeira vez en outubro do 2012, e que agora xa conta con versións polo momento en suomi, sueco, italiano, holandés, letón, danés, bosnio, alemán e serbio. En castelán aínda non se fixo.

As poesias de Google mesmo serven para recitar, como demostra Lucas Rossi en Youtube, entoando un poema que atopou no blog de Carneiro:

Interactive Storytelling Symposium 2013

interactivestorytellingA semana que vén dá comezo un dos máis importantes congresos de narrativa dixital do mundo, o Interactive Storytelling Symposium 2013, que ten como lema este ano Inventing the Future of Games. Celébrase no Computer History Museum en Mountain View, California, e nel participan os máis destacados investigadores e guionistas de videoxogos e outras creacións interactivas.

Tal e como explican no blog do simposio, “os xogos teñen o poder de transformar o xeito en que contamos historias. Porque son sistemas interactivos, os xogos poden contar historias a través do deseño de intelixencia artificial, ou a través de múltiples plataformas, ou de maneira procedural, abrindo novas tecnoloxías para que os autores poidan converter as súas historias en experiencias totalmente novas.

No simposio afondaremos nas distintas tecnoloxías e deseños de xogos que permitn novas formas de crear e transmitir narrativas. Para iso xuntamos as persoas que máis saben do mundo deste tema, tando desde a esfera académica como da industria dos videoxogos, os que están levando cada día os límites da narrativa interactiva un pouco máis alá. Entre eles, Warren Spector, Susan Bonds (cofundadora de 42 Entertainment, detrás de proxectos transmedia recoñecidos internacionalmente coma Why So Serious?, Year Zero ou The Human Preservation Project), Kevin Bruner, Stéphane Bura, Clint Hocking, Asa Kalama (Disney), Richard Rouse, Tawny Schlieski  (Intel Labs) ou Emily Short.Organiza o Center for Games and Playable Media da UC Santa Cruz.

Últimos días para concorrer ao iNTERFACES, concurso de arte interactiva no Porto

interfacesO 31 de marzo finaliza o prazo para presentar traballos a iNTERFACES, o concurso de arte interactiva convocado polo CITAR (Centro de Investigação em Ciência e Tecnologia das Artes) daUniversidade Católica Portuguesa, no seu centro rexional do Porto.

Tal e como explica o texto de presentación na súa web, a iniciativa nace “da necesidade de promover a creación artística dixital contemporánea e de dar a coñecer obras interactivas de artistas nacionais e internacionais”. Baixo tema aglutinador é o interface (sistema ou dispositivo a través do cal entidades non relacionadas poden interactuar), “son admitidos a concurso traballos artísticos nas máis diversas áreas: da instalación audiovisual interactiva á internet, da performance á arte electrónica, da realidade virtual ao cinema interactivo”.

As obras a concurso e as vencedoras mostraranse no 10º Festival Internacional Audiovisual Black&White da Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa. Tamén se porán a disposición do público de todo o mundo a través dun repositorio dixital.

Na web do concurso pódese descargar o regulamento e tamén a ficha de inscrición para participar.