Arquivo da categoría: Cibercultura

Un bosque exquisito, novo experimento interactivo de Aaron Koblin e Chris Milk para Google e a Tate Modern

Un proxecto para a web que é ao mesmo tempo unha instalación para a Tate Moden é This Exquisite Forest, o último experimento artístico de Chris Milk e Aaron Koblin para Google Labs, despois de xa colaboraren xuntos en traballos como The Wilderness Downtown (o primeiro vídeo interactivo de Arcade Fire). Desta volta trátase de facer un cadáver exquisito, directamente inspirado no xogo literario que hai un século concebiran Paul Éluard e André Bretón, aberto a calquera persoa que queira colaborar neste relato colectivo composto de palabras, sons e debuxos.

Así, a interface que os artistas crearon para a visualización do relato é a metáfora dun bosque, formado por diversas árbores que representan cada unha unha historia, desde a semente ata as distintas ramas, que son posibles liñas narrativas, e as follas, que son a contribución de cada usuaario.

Ademais dos usuarios da rede están convidados a participar os visitantes á exposición na Tate Modern (onde estará ata finais de ano), así como algúns artistas emerxentes, que contribúen curando as historias.

Máis información neste vídeo explicativo e nesta reportaxe de Roberta Bosco e Stefano Caldana en El País.

Comeza o congreso da ELO cunha forte presenza da literatura feita en móbiles e locative media

A 2012 Conference da Electronic Literature Organization, a maior entidade que estuda a Literatura electrónica a nivel mundial, comeza este martes na West Virginia University, cun completo programa que, baixo o título Electrifying Literature: Affordances and Constraints, reúne expertos de todo o mundo (cunha pequena reperesentación española para debater os novos aspectos que presenta o estudo e creación da chamada E-Lit.

Por un lado, asentados investigadores como Scott Rettberg, Eric Rasmussen, Deena Larsen , Marjorie Coverley, Dene Grigar ou Laura Borràs estarán presentes en distintos talleres para dar a coñecer as ferramentas de investigación, sobre todo bases de datos como a ELMCIP. Tamén Daniel Howe falará de programación para escribir na web como RiTa ou Javascript.

No apartado das comunicacións, son diversos os temas que se tratarán nas mesas. Na titulada Presence, gesture, event participarán Luciana Gattas (“Productions of Presence: Sensing Electronic Literature”), Maria Angel and Anna Gibbs (“At the Time of Writing: Digital Media, Gesture and Handwriting”) e Loss Pequeño Glazier (“Ocotillo”). Tamén haberá unha mesa dedicada a Aleph Null, a obra de Jim Andrews, que estará presente para analizala canda a Leonardo Flores (“Aleph Null as Tool, Thought Process, and Poetics”),
Mark Marino (“Andrews’ Open Canvas: A Critical Code Studies reading of Aleph Null”) e Giovanna di Rosario (“On the Surface of Aleph Null”).

Outra mesa tratará sobre Augmentation, Virtuality, Mediality, e nela participarán John Cayley (“III=II=I=I=II=III”), Jacob Garbe e John T Murray (“Reading Augmented Spaces and the Dimensions that Define Them”), Christopher T. Funkhouser e Andrew Klobucar (“Condors’ polyphony and jawed water-lines catapulted out: Gnoetry and Its Place in Text Processing’s History”), e Hazel Smith (“Sound Rites: Relationships Between Words and Sound in New Media Writing”). Tamén haberá apartado para a Screen Nostalgia: E-Lit in the rearview mirror, con David Clark (“The Book, the Cinema, and the Vestigial Structures of Electronic Literature”), Marjorie Coverley Luesebrink (“The Quaker Oat Box – Infinite Regress”) e Jessica Pressman (“Bookishness on Screen (distance presentation)”).

Unha das novidades e alicientes deste ano é a cantidade de ponencias que haberá sobre dispositivos móbiles, espazo e xeolocalización. Na mesa Mobiles, remotes, and other spaces estarán Fabio De Vivo (“ELiterature Formalization and Pedagogical Implications”), Fox Harrell (“Mimesis: An Integrated Social Networking Application and Computer Game for Exploring Social Discrimination”), Anastasia Salter (“Convergent Devices, Dissonant Genres: Tracking the “Future” of Electronic Literature on the iPad). Tamén haberá lugar para a xeolocalización na mesa Gestures, Geographies and Representations coas participacións de Kathi Inman Berens (“Geolocative Storytelling Off the Map”), Fox Harrell (“Gesture-Driven Electronic Literature for Mobile Devices: The Gestural Narrative Interaction Engine (GeNIE)”), a española Maria Mencia (“Transient Self-Portrait”) e Porter Olsen (“Reading Virtual Geographies”). E aínda máis sobre móbiles e locative media na mesa Storytelling with Mobiles Media: Locative Technologies and Narrative Practices, con Jason Farman (“Site-Specific Storytelling, Urban Markup, and Mobile Media”), Dene Grigar (“Bringing the Art of Design to the National Park Service: The Fort Vancouver Mobile Project”) e Jeff Ritchie (“The Narratological Affordances and Constraints of Mobile Locative Media”).

Tamén se falará de xogo, espazo e performance nas mesas Games, Algorithms and processes, con Brian Evans (“The Quinary: Algorithms, Permutation and Slippery Meaning”), Daniel Howe and Braxton Soderman (“The Gamer as Reader: A Playthrough of the Text Game Walkthru”), Stacey Mason “Captivating Choices: Reconciling Agency and Immersion”) e Mark Sample (“Slow Games, Slow Poems: The Act of Deliberation in “Slow Year””). Na mesa Place, Narrative and Performance estarán Jim Bizzocchi (“Re:Cycle – A Computationally Generative Ambient Video System”), Lane Hall “The Midwestern Water Wars: A Ficto-Historical Performance Lecture”), Aaron Reed (“Where is the MS Word of Interactive Narrative?”) e Rob Wittig (“The Pasts and Futures of Netprov”).

Pódese consultar o programa completo na súa web.

‘Hybrid Spaces’: a teoría literaria hispánica reflexiona sobre as obras culturais que van máis alá do libro

O volume 9 da revista Hispanic Issues Online, do Departament of Spanish and Portuguese Studies da Universidade de Minnesotta, vén de publicarse na rede co título Hybrid Storyspaces: Redefining the Critical Enterprise in Twenty-First Century Hispanic Literature, editado por Christine Henseler e Debra A. Castillo. Canda el, as autoras habilitaron un espazo web no que continuar este traballo de reflexión, aberto a novas contribucións.

Tal e como apuntan no prólogo do volume, “o obxectivo de Hybrid Storyspaces é contribuír a repensar a teoría e práctica literaria hispánica e transnacional, tendo en conta a evolución das formas literarias do noso tempo. Examinamos as contrituvión á teoría e á práctica suxeridas por novos e híbridos espazos para contar historias, incluíndo os efectos na narrativa dos novos medios televisivos e cibernéticos (YouTube, blogs, Google maps, Yahoo Jukebox), novos xéneros (novelas videoclip, ficción zapping, docuficción, hipertexto), novos procesos (mashups, mapping, sampling, remixing) e novos foros críticos (blogs, páxinas web, vídeos, publicacións open-source).”

E engaden: “Mentres os artigos deste volume se centran sobre todo na importancia dos novos medios nos medios impresos, aínda que non exclusivamente, non pode seguir a sorprendernos que algunhas das máis excitantes e innovadoras obras culturais non se atoparán nunca nas páxinas dun libro; no canto diso, estárán dispoñibles para ver e descargar, en milleiros de sitios, a unha extensa e agradecida (se está altamente segmentada) audiencia potencial. Claramente “a internet” serve como taquigrafía dunha serie de tecnoloxías e formas artísticas que agora se fixeron populares en moitos círculos dos últimos vinte anos para acóo. Con todo, tales avances e formas foron relativamente pouco estudadas nos estudos literarios ou culturais do programas de Hispanismo, aínda que representan un fenómeno que, nas súas diferentes e ás veces problemáticas formas, atrae grandes debates non só asobre a forma cambiante da tecnoloxía, senón tamén sobre o acceso comparativo, a identidade e os proxectos culturais nacionais”.

A publicación está dividida en tres partes: Na primeira, titulada Creative Code-Switching contribúen Jorge Carrión (“The Bicephalous Writer: The Commingling of the Creative Writer and the Critic in a Single Body”, Germán Sierra (“PostDigitalism in Contemporary Spanish Fiction”), Edmundo Paz Soldán (“Cristina Rivera Garza’s Tweets”), Doménico Chiappe (“Enveloping Literature and Othes Challenges to the Multimedia Author”) e Rosina Conde (“Twenty Years of Internet Exploration”).

Na segunda parte, Technologies of Production and Consumption, escriben Agustín Fernández Mallo (“Topological Time in Proyecto Nocilla [Nocilla Project] and Postpoesía [Post-poetry] (and a brief comment on the Exonovel)”), Vicent Moreno (“Breaking the Code: “Generación Nocilla,” New Technologies, and the Marketing of Literature”), Virginia Newhall Rademacher (“The Art of Seduction: Truth or Fanfiction in the World of Lucia Etxebarria’s Online ‘Friends’ and the Blogosphere”), José Enrique Navarro (“You’ll Never Write Alone: Online Sharing Economy and the New Role of the Reader”) e Laura Borràs (“E-literature in Bytes and in Paper.The Digital Revolution inContemporary Literature from Spain”).

Na terceira e última parte, Remixing and Recycling Narrative Bits and Bytes, participan Andrew Brown (“An Archaeology of Digital Aesthetics: Musical Sampling in Rodrigo Fresán’s Señales captadas en el corazón de una fiesta“), Claire Taylor (“Post-Digital Remixes and Carnavalesque Relinkings: Eduardo Navas’s Goobalization”), Irene Depetris Chauvin (“Voice, Music and the Experience of the Neutral in Martín Rejtman’s Fictions”), Eduardo Ledesma (“Close Readings of the Historic and Digital Avant-Gardes: An Archeology of Hispanic Kinetic Poetry”) e Tori Holmes (“The Travelling Texts of Local Content: Following Content Creation, Communication and Dissemination via Internet Platforms in a Brazilian Favela”).

Como engadido, Luis Martín-Estudillo e Stephanie A. Mueller publican un ensaio titulado “Afterword: A Bookless Literature?”.

‘Literatura e internet’ en Página 2, de TVE: moito e-book e pouca e-lit

O pasado domingo o programa de La 2 de TVE dedicado aos libros “Página 2, emitiu un especial baixo o título Literatura e internet, no que participan os escritores Alberto Vázquez Figueroa e Fernando Trujillo (que explican a súa experiencia de publicar na rede), os editores Ernest Folchde B de Books e Cristina Fallarás de Sigueleyendo.com (que reflexionan sobre a maneira de editar en internet), as revistas dixitais Revista de Letras e El Sindicato (que mostran o seu traballo con novos soportes para promocionar os libros), Alberto Olmos e Luisge Martín (blogueiros reputados que dialogan sobre a importancia dos blogs literarios). Tamén se falou de como están a cambiar as presentacións de libros (seguindo por streaming a presentación da novela Aire de Dylan, de Enrique Vila-Matas), e o papel cada vez máis importante que xogan as redes sociais, con Rafael Reig contando a súa experiencia en Twitter e Antonio Orejudo explicando a súa en Facebook.

O programa pódese ver enteiro na web de RTVE.

O que nos estrañou, e botamos en falta, foi a ausencia total da literatura electrónica, entendida como literatura que aproveita o soporte dixital para experimentar con novas linguaxes,como o hipertexto, o multimedia ou outras formas. A ausencia é significativa, aínda que é bastante normal que no ámbito español cando se fala de literatura e internet se fale de soportes editoriais e non da propia materia literaria que favorece o dixital. O certo é que a literatura electrónica é moi descoñecida aínda para o gran público, e que carece de autores destacados que poidan tirar dun posible movemento ou abrir unha vía de mercado. E isto acontece en España mais tamén no ámbito anglosaxón. É a e-literatura unha revolución fallida? Por que aínda non chega á sociedade? Chegará algún día? De verdade interesa máis a distribución que a creación cando falamos de literatura e internet? Que falla? Aquí deixamos estas preguntas para a reflexión e o debate.

M-Artech convoca a mulleres creadoras e investigadoras en arte, ciencia e tecnoloxía

A plataforma M-Artech convoca a artistas e investigadoras que traballan en arte, ciencia y tecnología a formar parte da súa plataforma online para “visibilizar o seu traballo e fomentar o diálogo e a divulgación a través de encontros, charlas, talleres e exposiciones off e online”. Para isto queren crear unha base de datos cos perfiles e unha mostra do traballo de cada unha delas. Quen queira participar debe enviar os seus datos biográficos, contacto e enlaces ás súas webs ou blogs, e opcionalmente pode incluír artigos, comunicacións, abstracts ou ensaios (en pdf, word ou txt), así como vídeos, fotos e audios. A convocatoria é aberta, sen data de finalización.

Tal e como explican na súa web, M-Artech é un proxecto de conexión e de divulgación, que se xestou no CIMUAT (Congreso Internacional Arte, Mujer y Tecnología), que se celebrou en Valencia en novembro do 2010 coa presenza de artistas e investigadores que presentaron discursos anovadores na converxencia entre arte, muller e tecnoloxía. A través dos novos medios (electrónicos e dixitais, net-art, ciberactivismo e ciberfeminismo, arte interactiva, vídeo-instalación, videoarte, fotografía dixital, arte sonora, realidade virtual, realidade aumentada, etc) cuestionouse como a arte se produce e se nos mostra, avaliando os seus contidos e a súa función na sociedade.

Así, o obxectivo principal de M-Artech é conectar artistas e persoas investigadoreas que traballan na arte, na ciencia e na tecnoloxía e fomentar o diálogo e a divulgación das súas obras e coñecementos coa organización de ciclos de encontro, charlas, debates, obradoiros, exposicións e do uso dunha plataforma web como medio tecnolóxico de conexión e de difusión, coa creación dun arquivo online para o intercambio de investigacións, ensaios e traballos entre artistas, científicas ou grupos de investigación tecnolóxica. O proxecto promóveo a artista visual Francesca Mereu coa colaboración de Elizabeth Ross, Beatriz García e Luisana Rodríguez.

Neste vídeo publicado por MediaLab Prado pódese ver unha presentación da plataforma a cargo das súas creadoras:

Un novo volume de ‘Urbes Europaeae’ percorre as cidades virtuais da man do proxecto Le.es

A construción de imaxinarios e a súa xestión, a articulación mediante imaxes ou textos dos discursos da cidade e aspectos do patrimonio simbólico das cidades europeas son tema do grupo de estudo e investigación Urbes Europaeae, que vén de editar unha nova publicación co título Imaginarios culturales ante la globalización, editada por Javier Gómez-Montero, Christina Johanna Bischoff e Anxo Abuín, coordinador do proxecto Le.es.

Este novo volume, o segundo da colección Urbes Europaeae, que vén de publicar a editorial alemana Ludwig, contén unha sección dedicada a cidades virtuais na que participan varios autores vinculados á USC e en concreto ao proxecto Le.es, como Iria Castro López, que escribe un artigo titulado “Ciudades Virtuales. A propósito de Alletsator y Second Life”; Manuel del Río, cun artigo titulado “”Through the (Broken) Looking Glass”: gnosticismo urbano y cinematográfico”, e María Teresa Vilariño Picos, que escribe sobre “Ciudad y Trans-Urbanismo en los espacios virtuales”.

Outros investigadores da USC que participan son Samuel Solleiro, cun artigo titulado “La cámara recíproca: Amsterdam Global Village de Johan van der Keuken y la confrontación con lo real en el espacio urbano”, ou Rubén Lois González, con “De la ciudad a la postmetrópoli”. Do ámbito peninsular e europeo participan outros autores como Anne-Marie Autisser, Wiebke Best, Christina Johanna Bischoff, Anna Cerbo, Ur Apalategi, Ana Isabel Erdozáin, Joan Ramón Resina, Dirk Shubert, Jüri Talvet ou Ricardo Tejada.

Este volume é o resultado do segundo encontro do programa Urbes Europaeae, que se celebrou na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela no 2009 cun seminario intensivo titulado «Cidades europeas ante a globalización. Identidades, hibridación e posibilidades da cultura», no que participaron ademais dos citados distintos académicos e escritores como Darío Villanueva, Suso de Toro, José Antonio Aldrey, Pedro de Llano ou Manuel Delgado.

Artigo de Mª Teresa Vilariño Picos no 2º Volume da Revista de Estudos Literários do Centro de Literatura Portuguesa

O 2º Volume da Revista de Estudos Literários, coordenado por Manuel Portela e publicado pelo Centro de Literatura Portuguesa da Universidade de Coimbra, ven de saír do prelo, dedicado á “Literatura no Século XXI”. Entre outros inclúe artigos de expertos como Pedro Barbosa, Katherine Hayles, Philippe Bootz ou Luís Filipe B. Teixeira. A profesora titular da USC e membro do proxecto Le.es María Teresa Vilariño Picos contribúe cun artigo titulado “Re-Implacement: The Metamorphosis of the Literary Space in the Cyber-Cities” (pp 277-296).

Ofrecemos o artigo completo en pdf e a tradución do resumo:

“O estudo da literatura, do teatro, do cinema, das artes visuais, da televisión e da música vén experimentando unha evolución que produciu unha ruptura coas nocións de unidade, autoridade e espazo/tempo. Esta ruptura está a significar a emerxencia dun novo discurso teórico e novas maneiras de estudar as obras que constrúen a nova nocióon de literatura. Neste artigo, uso a noción de re-implacement de Edward S. Casey para referirme ao modo no que os lugares así como os eventos que ocorren dentro deles, son asimilados, procesados e representados polos medios artísticos que combinan diferentes técnicas e disciplinas. Desde ese punto de partida, analizo unha serie de textos que se poden definir como parte da cibercultura na que lectoespectador se atopa cun rico vocabulario terminolóxico que corresponde con conceptos como multimedia, transmedia, hipermedia e postmedia.”

No que atinxe ao resto do volume, velaquí un extracto do texto de introdución:

“O foco de atenção deste volume dirige-se para os aspetos tecnológicos e materiais que têm transformado as práticas de criação, comunicação e leitura literária, e cujos efeitos se fazem sentir transversalmente na cultura atual. Esta cultura tem sido descrita cada vez com mais frequência como uma cultura do software, isto é, como uma cultura cujas práticas e formas são mediadas e determinadas por programas digitais. A ubiquidade da mediação digital significa que se torna hoje difícil circunscrever práticas e formas artísticas que não tenham, em menor ou maior grau, integrado as novas condições materiais de produção nos seus processos. No caso particular da arte literária, a alteração em curso da ecologia medial implica a reconfiguração da relação entre o impresso e o digital, num processo que não é apenas de concorrência, mas também de cooperação e de retroalimentação. Considerar o tema ‘literatura no século XXI’ significa, neste caso, pensar a textualidade digital e a presença crescente do computador e da programação nas práticas literárias pós-World Wide Web”. (pp.5-6)