Arquivo da categoría: Congresos

ELO 2016: estado da cuestión la literatura electrónica mundial

A pasada fin de semana celebrouse na Universidade de Victoria, Canadá o cuarto congreso da Electronic Literature Organization, e o máis ambicioso en canto a número de asistentes e actividades. Perto de 200 persoas expertas participaron na ELO 2016, que este ano se inseriu dentro do Digital Humanities Summer Institute (DHSI2016), algo que propiciou a asistencia e o intercambio e fixo da conferencia deste ano un dos máis grandes encontros sobre literatura electrónica.

Á conferencia académica sumouse un festival, polo que as actividades incluiron paneis, obradoiros, performances e palestras de artistas, proxeccións, instalacións de son e unha exposición. Ademais entregáronse os ELO 2016 Awards,  que se dividen no premio Katherine Hayles ao mellor traballo académico (que foi para Jessica Pressman, Mark C. Marino e Jeremy Douglass por Reading Project: A Collaborative Analysis of William Poundstone’s Project for Tachistoscope {Bottomless Pit}”)  e no premio Robert Coover á mellor creación de literatura electrónica producida no último ano e medio (que levaron Roderick Coover, Scott Rettberg, Daria Tsoupikova e Arthur Nishimoto por Hearts and Minds: The Interrogations Projectcon mención especial ao 6º episodio de Inanimate Alice, titulado “The Last Gas Station”).

En canto aos paneis, presentacións e charlas, os asistentes á #ELO2016 puideron gozar dun programa amplo e variado, onde se atenderon algúns dos temas máis importantes a día de hoxe para o estado da cuestión da E-Lit: dende a preservación dos traballos dixitais ata a pedagoxía, a narrativa, as relacións co audiovisual ou novas tendencias da literatura xerativa como os bots que operan en distintas redes sociais.

A próxima conferencia da ELO será en 2017 na cidade do Porto (Portugal).

Próximo congreso da ELO en Canadá

O Congreso da Electronic Literature Organization celebrarase na Universidade de Victoria, en Canadá, no vindeiro mes de xuño. Nesta edición o evento medra en ambición e tamaño, combinando o congreso académico cun festival onde se poderán ver as últimas novidades na literatura e artes dixitais e tamén competirán obras polos premios New Horizons 2016.

Proxeccións, lecturas, exposicións, debates, actuacións e ata un programa en directo conformarán todo o despregue performativo e multimedia desta edición da ELO Conference, que prestará especial atención ás novidades en aplicacións móbiles, realidade virtual e aumentada, robótica, vídeo, net.art, arte sonora e outras formas multimedia e transmediais que lle dan un novo tratamento á literatura nesta década.

Máis información na web da ELO 2016.

Transmedia Literacy: seminario en Barcelona

O seminario Transmedia Literacy. From Storytelling to Intercreativity in the Era of Distributed Authorship, que organiza o programa de investigación en cultura dixital da IN3 – Universitat Oberta de Cataluya, celebrarase en Barcelona o vindeiro 10 de decembro. A chamada para presentar propostas de comunicación está aberta e o prazo remata este venres 15  ás 23h.

Entre os temas que a xornada quere abordar de xeito preferente están os novos conceptos de autoría, os modelos e procesos narrativos do chamado “transmedia storyelling”, as teorías da ficción e da representación, as teorías da recepción no tocante aos estudos de medios e de xénero, a retórica e a estética da información, a cultura participatoria e fan, o crowdfunding e o crowdsourcing na produción transmedia, ou a escrita e a semiótica dos novos medios. Serán especialmente benvidas as achegas interdisciplinares.

Os conferenciantes confirmados neste momento son Derrick de Kerckhove (IN3 — Universitat Oberta de Catalunya, Spain) coa ponencia “Connective Intelligence from Writing to the Web”, Asun López-Varela (Harvard University, USA), que falará de “Spatio-temporal Metamorphosis and the Ecologies of Representation: From Analogue to Digital Formats”, Raine Koskimaa (University of Jyväskylä, Finland) con “Playing with Time in New Media Fiction” e Carlos Scolari (Pompeu Fabra University, Spain) coa conferencia “Towards an Archeology of Transmedia Storytelling”.

As propostas de comunicación remitiranse en inglés co formato suxerido na web do seminario. As que sexan admitidas poderán transformarse en artigos para o vindeiro número do International Journal of Transmedia Literacy.

 

Zaragoza acolle o I Salón de Literatura Transmedia

O I Salón de Literatura Transmedia celébrase esta fin de semana en Zaragoza, no marco do proxecto de fomento de industrias de contidos dixitais TransmediaZ. Nel participan, entre outros, Paula Ortiz, Agustín Fernández Mallo, Eloy Fernández Porta, Manuel Vilas, Begoña Oro, Fernando Marías, David Lozano, Laura Borràs ou a Fundación Germán Sánchez Ruipérez

Entre os obxectivos deste salón están o de acercarlles aos cidadáns as novas narrativas xurdidas no ámbito dixital a partir da converxencia entre os distintos medios e a aparición de novas prácticas sociais e culturais asociadas a eles, favorecer a divulgación de novos contidos e interfaces para o entretemento e a educación e darlles visibilidade aos editores e escritores que innovan e experimentan coas novas formas narrativas que xorden na intersección da literatura e as novas tecnoloxías.

O programa está composto por seminarios onde se dará conta de casos de estudo en torno á narrativa transmedia, como o proxecto “Bodas de sangre” de Paula Ortiz, talleres destinados á aplicación de relatos transmedia na educación, contacontos e mesas de debate e experiencias nas que se falará do lector dixital, do papel do lector ou dos novos camiños para a novela.

Pódese descargar o programa completo na web de TransmediaZ.

Volve o congreso i-Docs sobre narrativas interactivas de non ficción

i-docs_CFPTras xuntar con grande éxito investigadores e creadores de todo o mundo nas súas edicións de 2011 e 2012, e despois dun pequeno parón este ano, volve en 2014 o congreso i-Docs na cidade de Bristol (Reino Unido).  O Digital Cultures Research Centre acolle este encontro, que se celebrará os días 20 e 21 de marzo do ano que vén.

A chamada á participación e envío de propostas está aberta ata o 15 de novembro. Os temas sobre os que esta edición de i-Docs quere poñer o foco son tres: modelos de produción, involucración do usuario e avaliación, novos territorios. Todo indica que o mundo dos documentais interactivos loita por abrir novos camiños e non estancarse nos formatos e producións que xa coñecemos, a maioría procedentes de Francia ou Canadá, e que máis que cuestións puramente narrativa este ano preocupan como producir documentais interactivos e tamén como medilos, como avaliar a resposta dos usuarios.

Reproducimos aquí as principais cuestións que se apuntan para o debate:

Production Models
»» When the subjects are the story: from “access media” to participatory design
»» The emergence of the Hackathon: storytelling as software
»» The art and ethics of crowd-funding: working with a financing community
»» Documentary meets user experience: translating languages, know-hows and methodologies
»» Broadcasting, digital publishing, community support: where is the money in i-docs?

Engagement and Evaluation
»» “Formerly known as the audience”: users, interactants, participants – what’s in a name?
»» User testing: what should be tested, when, how and by whom?
»» Reception studies and data science: what are the methodologies for researching i-docs?
»» “First select your twitter handle”: the role of the creator in the age of social networks
»» What does the audience for an i-doc want: who knows (and who cares)?

New Territories
»» i-docs beyond the screen: performativity and presence
»» “The Snowfall effect”: is scrolling navigation a paradigm shift?
»» Tactile, haptic, horizontal: the influence of the iPad on i-docs aesthetics
»» Between documentary, journalism and art: crossovers & blurring boundaries
»» NGO, activist, human rights i-docs: advocacy, capacity building, mobilisation
»» i-docs geographical spread: models beyond the Western world

 

 

Comeza en París o congreso e festival de literatura electrónica ‘Chercher le Texte’

Chercher le texteA capital francesa acolle esta semana o novo encontro da Electronic Literature Organization (ELO), que co título Chercher le Texte reunirá expertos e creadores de literautra dixital de todo o mundo en torno a un festival, unha exposición e un congreso.

O título do congreso é “Chercher le Texte: Locating the Text in Electronic Literature”, e parte da premisa de que a literatura electrónica é definida explicitamente como literatura, e aínda así hai unha gran confusión sobre o concepto de texto que opera nela. Por iso cabe preguntarse que define a textualidade de xogos, obras visuais ou obras con ningunha linguaxe evidente, e do que se trata é de “buscar o texto” para definir a literaridade da literatura electrónica.  Así o formulaban na chamada científica:

“Over the past two decades, while numerous creative and critical movements have taken hold within and without academia, creators have been newly conceiving, and scholars resituating, literary works in new media. Early warnings that we might all get “lost in hyperspace” were overcome fairly easily – perhaps too easily when one considers that our first, most challenging conceptions of electronic writing have never quite been realized. Is there a way to mark the multiplicity of new writing in new media? Can commonalities and distinctions among emerging literary practices be noted? Are there new possibilities for language-based forms in programmable media? Can scholarly discussions surrounding works be carried on over time and among various groups, in the media where the works are generated?

ELO 2013 seeks to open the discussion beyond the remediation of literary writing from print to screens, by looking at ways that literary works, and “literariness” generally, circulates through a world system that has itself altered dramatically in the years since the first works of e-lit were produced. New media, from this perspective, are just the most visible instance of emerging economic, social systems, remediations, and subjectivities that impact literary production (as they impact our lives) from every side. New media are now being described, and re-imagined, in terms of new materialisms; discourse networks find new and different alignments within and without institutions, and both human agency and authorial presence have taken on new and sometimes strange forms.”

Nesta parte académica participan expertos como Philippe Bootz, Douglas Duteil, Alexandra Saemmer, Agnieszka Przybyszewska, Elodie Bertrand ou Jean-Philippe Humblot, do ámbito francófono, canda outros como Nick Monfort, Manuel Portela ou Mark Marino. Pódense ver os títulos de todas as ponencias e autores no programa do congreso. Pola parte hispánica participarán Begoña Regueiro, Miriam Llamas e Amelia Sanz coa ponencia “New literatures for a new imaginary: some hispanic case studies”, Bryan Barrachina (“Bryan Barrachina, “Tierra de Extracción: How Hypermedia Novels could enhance Literary Assessment”) e Laura Borrás e Isaías Herrero à(“Real-Time Digital Poetry Experiments with Xbox Kinect”).

 

 

 

 

Recepción de propostas para o congreso ‘The Digital Subject’ en París

lesujetdigital“Como é a escrita revisitada polos medios dixitais?  De que xeitos a mudanza dixital lles afecta ás tres dimensións da escritura: a produción dun artefacto, a construción de significado e a aparición do suxeito?”   O simposio The Digital Subject, que se celebrará a Universidade de París-8 do 18 ao 21 do próximo novembro, trata de investigar este novo eido de investigación desde varios puntos de vista, como a filosofía, as artes, a neurociencia e o arquivo, e chama á participación de investigadores nestes campos co envío de propostas antes do 15 de setembro.

O simposio forma parte dun proxecto de longa duración chamado The digital subjet / Le sujet digital que trata de reflexionar sobre as transformacións da subxectividade que xurdiron das tecnoloxías dixitales despois da posguerra, e que explora as maneiras nas que as ferramentas dixitais, de realidade ou ficción, que van de Babbage á internet, teñen alterado a nosa concepción do suxeito e das súas representacións, afectando ao seu status e aos seus atributos.

As linguas de traballo admitidas seán o francés e o inglés. As propostas poden ser enviadas en calquera destas dúas linguas e non deben exceder os 3000 caracteres. Cómpre adxuntar unha nota bio-bibliográfica resumida. Os abstracts débense mandar usando o formulario de  EasyChair. Para máis información hai un correo electrónico,  scriptions@univ-paris8.fr.  O 1 de outubro o comité científico informará das propostas admitidas.

O A conferencia inaugural será a cargo de Mark Amerika. Outros ponentes convidadeos son Jean-Luc Nancy, Bertrand Gervais (UQAM, Montréal), Wendy Chun (Brown University) e Laurent Cohen (Salpêtrière INSERM). O cadro de organización do congreso está formado por Pierre Cassou-Noguès (Department of philosophy, LLCP, SPHERE, EA 4008), Claire Larsonneur (Department of anglophone studies, Le Texte Étranger, EA1569) w Arnaud Regnauld (Department of anglophone studies, CRLC – Research Center on Literature and Cognition, EA1569).