Abad, Antoni

Antoni Abad naceu en Barcelona en 1956. É un dos primeiros video-artistas que aproveitaron os recursos proporcionados pola nova tecnoloxía dixital. A súa primeira achega foi Sísif, obra presentada en 1995, simultaneamente no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona (MACBA) e no Museo De Wellington en Nova Zelanda. Nunha páxina dividida en dúas partes, dous homes tiran da mesma corda, unindo metaforicamente o mundo a través da web.

En febreiro do 99, a súa obra 1.000.000, presentada en ARCO, gaña o premio Arco Electrónico e é adquirida pola Fundación Sanitas converténdose na primeira peza de net.art vendida en España.

Xunto con Euganio Tisselli creou en 2003 Megafone, un proxecto de comunicación móbil audiovisual comunitario, no que se convida a grupos de persoas en risco de exclusión social a expresar as súas experiencias e opicións en xuntanzas presenciais e a través do uso de teléfonos móbiles e de mapas.

[locative media]