Antúnez, Marcel·lí

Marcel·lí Antúnez naceu en Moiá en 1959. É coñecido internacionalmente polas súas performances mecatrónicas e polas súas instalacións robóticas. A incorporación e perversión de elementos técnicos e científicos, ao igual que a súa interpretación a través de particulares prototipos, dotan á súa obra dunha renovada cosmogonía sobre temas como as emocións, a identidade, a escatoloxía ou a morte.

Foi fundador de La Fura dels Baus, colectivo do que formou parte como coordinador artístico, músico e actuante, dende 1979 hasta 1989. Tamén participou dende a súa fundación, en 1985, até o seu remate, en 1992, no colectivo Los Rinos. Dende os anos noventa segue a súa carreira en solitario, combinando elementos como Parazitebots (Robots de control corporal), Sistematurgy (dramaturxia dos sistemas computacionais) e Dreskeleton (interfaz corporal en forma de vestido exoesquelético).

Entre as súas performances mecatrónicas máis coñecidas están Epizoo (1994), Afasia (1998), Pol (2002), Transpermia (2004), Protomembrana (2006), Hipermembrana (2007).

No ámbito da instalación interactiva destacan Joan, l’home de carn La vida sin morir no tiene sentido (1992) Agar (1999), Alfabeto (1999), Requiem (1999), Human Machine (2001), Metzina (2004), Tantal (2004), Dmd Europa (2007) e Metamembrana (2009).

Máis información e material multimedia sobre as obras na súa web oficial.

[Performance dixital, net.art]