Barragán, Felipe

Foto: http://www.alejandraduarte.com
Felipe Barragán naceu en Bogotá (Colombia) en 1978. Actualmente vive en Madrid.

Traballou en diferentes proxectos e producións gráficas, plásticas, editoriais e teatrais en Arxentina, Colombia, Islandia e España. Ao mesmo tempo desenvolve a súa investigación e proxectos plásticos persoais baseados no debuxo, linguaxe, percepción visual e a contemplación.

Entre as súas obras de literatura electrónica e poesía hipertextual destacan Tormentha, Elektra e Tres mujeres.

Tormentha é, en palabras do seu creador, un “multimedia interactivo, poesía automática, plana y del espacio”, e á vez unha “propuesta experimental de lectura interactiva y creación de texto para la red”.

Elektra foi un proxecto interactivo realizado en colaboración con Juan Carloa Alonso en 1999. Recibiu o 2º premio de arte electrónica BEEP Art en 2004. Nel, “a través de textos automáticos, imaxes “roubadas” da rede e sons re-creados dixitalmente, reflexiónase sobre conceptos como a paranoia, os soños, as relacións humanas e a relación crecente entre máquina e usuario”. Os seus textos consérvanse en pdf. Posteriormente realizou Tres mujeres, un proxecto que conectaba cos procedementos e intereses do anterior.