Carmona, José Carlos

José Carlos Carmona naceu en Málaga. É profesor da Universidade de Sevilla, director de orquestra e escritor. É autor da premiada novela Sabor a chocolate e dos libros de relatos Pararse a pensar, Cuentos para después de hacer el amor e El arte perdido de la conversación, entre outros.

No 2002 publicou El misterio de Bakersfield, un hipertexto de ficción que convida o internauta a percorrer os fragmentos de texto para levar a cabo unha investigación sobre o misterio de Bakersfield. O internauta encarna a Jack Spencer, un detective encargado de resolver o misterio que rodea a morte de Leonard Finn.

[Narrativa hipertextual]