Casciari, Hernán

Hernán Casciari naceu en Mercedes, Bos Aires (Arxentina) en 1970. É escritor e periodista. Dende 2000 reside en Barcelona, dende onde se converte en escritor de blogonovelas e, ao mesmo tempo, nun teórico fundamental de dito xénero emerxente.

A partir de 2004 comeza a escribir artigos, ensaios e pezas curtas de ficción no seu blog persoal Orsai. Publicou as novelas El pibe que arruinaba las fotos (Plaza & Janés, 2009) e Más respeto que soy tu madre (Plaza & Janés, 2005), recompilación da historia virtual Los Bertotti. Dende setembro de 2010 abandonou os súas colaboracións en xornais como El País ou La Nación concentrarse no seu propio proxecto editorial, a revista Orsai, que se publica dende xaneiro de 2011.

[blognovela]