Checa, Edith

Edith Checa (Sevilla, 1957) é xornalista e escritora. Está licenciada en Ciencias da Información, cun DEA en Literatura e Medios de comunicación social na UCM. Desde 1989 realiza e locuta programas de radio da UNED, emitidos en Radio3, e é presentadora e guionista de programas de televisión da UNED en La2 de TVE. Na actualidade é coordinadora-realizadora-editora dos programas de vídeo Miniaturas de CanalUNED, dos microespazos Preguntas a la Historia e Respuestas de la Ciencia, que se emiten en Radio 5, e de El faro emigrado, tamén en Canal UNED.

Entre a súa obra publicada destacan as novelas El color del albero (Madrid: Editorial Nostrum) e No me pidas silencio (Madrid: Ediciones Vitruvio), o libro de contos infantís Los misterios de la casa de mi abuela, o poemario Un mar que pierde esperanza e o libro de relatos La noche en la ventana. Ten participado en varias antoloxías (Voces nuevas: (XVI selección de poetisas), De sombra y sueño, El cerro de los versos) e mantén un blog poético-literario co título Versospechosos.

Utiliza o formato do blog e do vídeo para experimentar coa poesía, e ten un blog de Videopoemas e un par de canais en Youtube, Alquemila e Edith Checa.

Algunhas das súas obras están publicada na editora dixital Badosa, onde tamén experimenta coa novela hipertextual en Como el cielo los ojos

[blogpoesía] [videopoesía] [ficción hipertextual]

Deixa unha resposta