Chiappe, Doménico

Doménico Chiappe naceu en Perú en 1970 e criouse en Venezuela desde 1974. En 2002 radicouse en Madrid. Gañou o premio de relato curto Ramón J. Sender e publicou en España o libro de contos Párrafos sueltos (UCM, 2003) e a novela Entrevsita a Mailer Daemon (La Fábrica Editorial, 2007).

Imparte obradoiros de narrativa, xornalismo literario e hipermedia en centros públicos e privados como La Casa Encendida, Universidad Carlos III e Talleres de Escritura Creativa Fuentetaja. É investigador do Instituto de Cultura y Tecnología da Universidad Carlos III e columnista habitual de medios de comunicación.

Foi galardoado coa Mención de Honra nos Premios Iberoamericanos de Unicef e da Axencia EFE. Como artista multimedia publicou a novela hipermedia Tierra de extracción (seleccionada pola ELO para o volume 2 da súa antoloxía de literatura electrónica internacional) e dirixiu a novela colectiva La Huella de Cosmos.

Lista de obras:

Webs:

Deixa unha resposta