Clifford, Alison

Alison Clifford é unha artista dixital con base en Glasgow, Escocia. Actualmente realiza estudos prácticos de doutoramento na Escola de Arte de Glasgow. Con anterioridade, realizou un Máster en Arte Dixital no instituto audiovisual da Universidad Pompeu Fabra de Barcelona, e un Máster en Artes de Literatura Inglesa na Universidade de Edimburgo.

As súas obras de arte téñense exhibido en varios dos festivais dedicados aos novos medios, entre os que destacan GA2010, Generative Art Conference, Milan (2010), FILE Symposium Rio 2008 – Oi Futuro, Brazil (2008), VAD International Video e Digital Arts Festival, Girona (2006), Zebra Poetry Film Award, Berlin (2006), FILE – Electronic Language International Festival, Sao Paulo, Brazil (2004), ArtFutura, Barcelona, Spain (2001) e a 29 edición da Competición Internacional de Arte Electroacústica e Sónica en Bourges, Francia (2002).

Na súa traxectoria leva colleitado varios premios: en 1999 obtivo unha Bolsa Creativa da fundación PHONOS (Barcelona) pola produción de [citizen], unha obra de arte interactiva e multimedia en colaboración co compositor xaponés Teruyoshi Kamiya. En 2005 recibiu o Alt-W Production Award por The Sweet Old Etcétera, un proxecto de web interactiva baseado na poesía de E.E. Cummings, recollido na 2ª colección da Electronic Literature Organization. O proxecto recibiu con posterioridade una nominación para o Bafta Scotland Award para medios interactivos en 2006. Actualmente dá clases de Arte Dixital na University of the West of Scotland.

[poesía interactiva]

Deixa unha resposta