Córdoba Cely, Carlos

Carlos Córdoba Cely cursou estudos na Pontificia Universidad Javeriana e na Universitat Politècnica de Catalunya, onde actualmente realiza estudos de doutoramento en Enxeñaría Multimedia. Igualmente foi investigador na Universidad de Nariño (Colombia), con docencia a cargo de programas de modelacion en 3D como Solid Work ou Maya. Algúns dos seus traballos poden atoparse na web desta Universidade.

Entre as súas obras recentes podemos destacar Las Historias de la Mosca, un texto que crece a vontade do lector, con frases que aparecen e desaparecen con cada clic. Este proxecto foi creado no curso de E-Literatura: Creación literaria en medios dixitais impartido en 2010 por Eugenio Tisselli.

[narrativa hipertextual]

Deixa unha resposta