Dachs, Ramón

Ramón Dachs (Barcelona, 1959) traballa como bibliotecario-documentalista especializado en Humanidades na Universidad Pompeu Fabra de Barcelona.

A totalidade da súa poesía estrutúrase nun único ciclo poético, Euràsia. Entre as múltiples obras poéticas integradas nel, destaca Intermínims de navegaciò poètica, colección de textos poéticos que traslada a un formato hipertextual dos poemarios previamente publicados en formato impreso, Poemes mínims (1995) -en catalán- e Cima branca (1995) -en galego-. Á posibilidade dunha lectura lineal xa presente na versión anterior, a modalidade virtual suma a oportunidade de navegar polos 136 poemas que a conforman seguindo os enlaces establecidos tanto dentro das composicións como nos seus dous índices xerais.

Deixa unha resposta