Calvo, Lluís

Lluís Calvo naceu en Zaragoza en 1963. Publicou 16 libros de poesía, entre os que destacan Veïnatge d’hores (1987), A contrallum (1989), Vida terrenal (1991), La llunyania (1993), L’estret de Bering (1997), Opus spicatum (2000), Omissió (2001), El buit i la medusa (2002), La tirania del discurs (2003), Andròmeda espiral (2005), Al ras (2007), Cent mil déus en un cau fosc (2008) e Col·lisions (2009). Tamén publicou tres novelas: Aconitum (1999), Electra i la carretera (2001) e L’expulsió del paradís (2004).

Como ensaísta publicou Les interpretacions (2006) e numerosos artigos en revistas sobre a poesía e a linguaxe. En 2003 iniciou, xunto a Pedro Valdeolmillos, a páxina web Epímone, dedicada á ciberpoesía, que se converteu nun referente internacional na exploración de novas linguaxes e escrituras.

Nesta web ten publicadas as obras Nothing temps, L’escala de Richter e A coin with a cross.