Escalonilla, Benjamín

Benjamín Escalonilla naceu en Barcelona en 1970 e vive en Madrid. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, é socio da empresa Erres Grupo de comunicación hipermedia desde 2009, socio de Erres arte y diseño desde 2001, de literaturas.com dende 2003 e é profesor e ponente de narrativa dixital, hipermedia e animación dende 1996.

Os seus traballos, proxectados en diferentes países, exposicións e feiras, atópanse recompilados na súa web persoal, titulada aemapu. Contén obras arte dixital, guión e narrativa dixital, como o hiperrelato Sinferidad (2000) os relatos visuais Asesinos y asesinados (2007) e Ensayo de paranoia (2007), a obra hipermedia Encuesta: es usted un inconsciente? (2010) ou a novela híbrida Generación Tch!, publicada en 2011 en formato papel e web.

[narrativa hipermedia]

Deixa unha resposta