Espinosa, Estíbaliz

Estíbaliz Espinosa naceu na Coruña en 1974. Como poeta deuse a coñecer con Mecánica Zeleste (1999). Posteriormente obtivo o Premio Esquío de poesía con Pan (libro de ler e desler) (2000). Segue a súa obra –orama (Col. Tambo, 2002), facendo un xogo de palabras co seu libro anterior. Unha sección de -orama recibe o Premio Díaz Xácome de Novos Creadores en 2001. númeroe (Premio Espiral Maior 2001) pecha ese primeiro ciclo, con textos que aluden aos números, á identidade perdida e á cibernética.

Na rede é responsable de varios proxectos: os blogs …mmmm…, […] e abra la cápsula, por favor. Ten gravado audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero,2005) e podcasts (1º premio de Podcasts Poético-Artísticos do Ajuntament deTarragona, 2006).

Ten obra traducida ao alemán, ruso, castelán, inglés e italiano, e publica textos en Babelia (El País) e no suplemento cultural do ABC, alén de ter participado en numerosas revistas de ámbito nacional e internacional, coma Salamandria, müsu, Compostelán, Madrygal, Çopyright, O ollo público, Alhucema, Cooltural Galicia, Serta, La Caleta, A Xanela, Casa da Gramática ou Idearia.

[blogpoesía, videopoesía, performance]

Deixa unha resposta