Evru

Evru (Barcelona, 1946), nacido Alberto Porta e chamado Zush dende 1968 ata 2001, leva unha traxectoria absolutamente personal na que manda sobre calquera outro concepto a súa vontade de representar unha realidade que el mesmo conceptualizou no Estado Mental de Evrugo. Poucos artistas tiveron o enxeño de crear o seu mundo paralelo dotado dos símbolos propios dun estado independiente, coa súa bandeira, os seus selos e o seu papel moeda.

Actualmente traballa no proxecto interactivo –work in progress– Tecura, baseado na premisa que defende o artista “arte para curarte”: cada persoa leva un artista dentro de si mesmo. Tecura é unha máquina dixital para pintar, non como mera diversión, senón para lograr unha conexión consciente entre mente e corpo, unha forma de desenvolver a creatividade de calquera persoa.

O concepto da “arte para curarte”, que defende o creador, é unha vía de autocoñecemento para espertar o artista que todos levamos dentro e así xerar unha autocuración creativa.

A máquina dispón dun CPU, unha pantalla e unha impresora, e o programa TECURA, provisto dunha trintena de pinceis, ferramentas e fondos diversos, coa posibilidade de importar imaxes ou ficheiros.

Outros proxectos e información más detallada sobre as súas propostas artísticas poden localizarse na súa web

Deixa unha resposta