Fernández Mallo, Agustín

Agustín Fernández Mallo (A Coruña, 1967) é licenciado en física pola Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no mundo das letras españolas grazas á súa novela Nocilla Dream (Cendaya, 2006), primeiro elemento do seu Proyecto Nocilla, que consta de libros, novela gráfica e diversos clips de vídeo e ligazóns na rede. Os seus escritos conforman un tecido que vai máis alá do texto impreso.

Xunto con Eloy Fernández Porta, realiza unha serie de espectáculos de spoken word baixo o nome de Afterpop Fernández & Fernández. Nestes espectáculos, realizan lecturas poéticas, narrativas e ensaísticas xunto con elementos audiovisuais fundidos nun todo

Publica artigos en diferentes revistas e semanarios culturais como Lateral, Contrastes, La bolsa de Pipas e La Fábrica así como nos xornais El País, El Mundo e La Vanguardia.

Plasmou a súa poética en Postpoesía, que resultou finalista no Premio Anagrama de Ensayo 2009 .

A súa literatura, eminentemente pop, é unha mestura de referencias de cultura popular e académica. Os seus escritos buscan, tamén, o emprego da linguaxe científica e técnica como elementos poéticos. O uso de fórmulas matemáticas, leis físicas e outros elementos propios da escrita científica aparecen empregados cunha vontade poética ou metafórica.

Deixa unha resposta