Gache, Belén

Belén Gache é escritora. Publicou as novelas Lunas eléctricas para las noches sin luna (Sudamericana 2004), Divina anarquía, (Sudamericana 1999) e Luna India, (Planeta 1994). A súa novela La vida y obra de Ambrosia Pons foi finalista no XXIII Premio Herralde de Novela (Barcelona, 2005) e no XIII Premio Planeta de Argentina, (2006). O seu traballo formou parte da antoloxía de escritores arxentinos Selección argentina, (Tusquets, 2000).

Publicou numerosos ensaios de literatura e de artes visuais, entre os que destaca Escrituras nómades, del libro perdido al hipertexto (Gijón, Trea 2006).

Desde 1996 ten realizado traballos de literatura experimental e de poesía electrónica, como a serie Wordtoys. O seu libro de poemas El libro del fin del mundo (2002) inclúe un CD con obras interactivas. En 2004 realizou un proxecto de narrativa blog con El diario del niño burbuja. Entre 2007 e 2008 escribiu El blog de los sueños, un diario persoal.

Os seus últimos proxectos son Góngora Wordtoys, realizado para o encontro Soledades 2.0 en 2011, e Radikal Karaoke, no que experimenta coa poesía interactiva.

[poesía visual interactiva, blog narrativa, hipertexto]