García Andújar, Daniel

Daniel García Andújar (Almoradí, 1966). Artista multimedia, activista net-art e teórico da arte afincado en Barcelona, é tamén vicepresidente primeiro da Associació d’Artistes Visuals de Catalunya (2009 – 2012). Inicia a súa actividade artística a finais da década de 80, traballando tanto no campo da vídeoarte como en proxectos de intervención en contextos públicos en torno ao racismo e a xenofobia e sobre o poder e o control das novas tecnoloxías e os seus sistemas de vixilancia.

Profundando nas posibilidades interactivas dos recursos informáticos, dende 1996 desenvolve o proxecto Technologies To The People® (TTTP), “una empresa virtual dedicada a acercar los avances de la tecnología a los más desfavorecidos, una especie de imprecisa corporación que reproducía el lenguaje disuasorio, los tics de identidad y los arquetipos visuales asociados a las compañías comerciales del ámbito digital”.

Na actualidade, TTTP alóxase en irational.org, sitio creado polo artivista Heath Bunting, e recóllese en antololoxías de arte en rede como Some of my Favourite Websites are Art, Beyond Interface, Net_condition e Art Entertaiment Network. Instalacións e outras presentacións materiais vinculadas ao proxecto producíronse no marco de exposicións como Un-Frieden / Discord: Sabotage of Realities (Hamburgo), Desde la imagen (Valencia), Scattered Affinities (New York e Madrid), Reservate der Sehnsucht (Dortmund), Futuropresente (Madrid) e nas exposicións individuais Interface@metronom.es (Barcelona) e La Sociedad Informacional (Alicante).

[net-art, narrativa, locative media]

Deixa unha resposta