García, Dora

Dora García (Valladolid, 1965) estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca e na Rijksakademie en Ámsterdam, (1985-1992). Vive e traballa en Bruxelas.

Participou en exposicións internacionais de arte como a Manifesta (1998), a Bienal de Estambul (2003), Skulptur Projekte Münster (2007) e a Bienal de Sydney (2008). Expuxo a súa obra en museos como o Macba, Barcelona (2003), MNCARS, Madrid (2005), MUSAC, León (2005), SMAK, Gent (2006) and GfZK, Leipzig (2007).

No ano 2000 realizou o traballo The Tunnel Project, originalmente creado para la exposición “Metro>Polis”, que se consistía nun hipertexto e nunha serie de performances. O hipertexto presenta a ficción de The Tunnel People, os misteriosos habitantes da cidade subterránea. As performances, realizadas dúas veces á semana por tres actores nun tren que percorría a cidade de Bruxelas, tiñan como intención suscitar entre os viaxeiros a sombra dunha dúbida: É a situación creada polos tres actores aceptable como realidade? Ou foron os pasaxeitos enganados nunha obra de ficción?

En 2001 inicia na rede o proxecto Todas las historias, un experimento narrativo que se propón enumerar “todas as historias do mundo”, e que invita o visitante a lelas en voz alta e converterse así en performer da narración. A dificultade, segundo a autora, estribaba en que cada día se ían engadindo novas historias. E, de feito, así é a día de hoxe, xa que o proxecto continúa vivo nun blog.

En 2009 realizou unha exposición individual producida polo CGAC (Santiago de Compostela) baixo o título ¿Dónde van los personajes cuando la novela se acaba?. Nela presenta 7 obras diferentes en distintos estados de execución, e reflexiona sobre a independencia das obras con respecto aos seus creadores.

Ademais, Dora García participou en Playing the city (Schirn Kunsthalle, Frankfurt, Alemaña), The Jerusalem Show, e nas bienais de Lyon e Atenas. En 2010 participará na Bienal de São Paulo e realizará proxectos individuais na Galeria Civica di Trento, Index Stockholm e Kunsthalle de Berna. En 2011 foi a artista seleccionada para ocupar o pavillón de España na Bienal de Venecia coa obra performativa Lo inadecuado.

Páxina persoal

[ficción hipertextual, performance, net.art]

Deixa unha resposta