Gil, Gloria

Gloria Gil Romera (Madrid, 1983) mantén o blog persoal Losers are winning, dende 2005. Forma parte da nube de escritoras que hoxe publican e difunden a súa escrita na rede, fundamentalmente a través de blogs persoais, pero tamén en fancíns e revistas dixitais, completamente á marxe do sistema literario convencional ou como complemento da publicación en papel e da concorrencia a certames literarios. Canda Silvia Oviedo, Ester García Camps, Déborah Vukušić, Lucía Fraga, Ana Vega, Nuria Mezquita, Ana Pérez Cañamares, Cristina Morano, Inma Luna, Begoña Paz, Isabel Bono e Lola Lugo, mantén o blog colectivo La manera de recogerse el pelo. O sitio complementa a publicación da antoloxía + DVD de vídeopoemas La manera de recogerse el pelo. Generación blogger por Bartleby Editores (2010), un proxecto orixinal do poeta asturiano David González, responsábel da selección dos textos. Rede, libro e videocreación alimentan un proxecto destinado a promover a unión de mulleres poetas activas en internet como colectivo emerxente.

La manera de recogerse el pelo. Generación blogger, Bartleby Editores. Idea e selección do poeta asturiano David González. DVD da poeta visual Patty de Frutos. Limiar de José Angel Barrueco. Autoras: Silvia Oviedo / Ester García Camps / Gloria Gil Romera / Déborah Vukušić / Lucía Fraga / Ana Vega / Nuria Mezquita / Ana Pérez Cañamares / Cristina Morano / Inma Luna / Begoña Paz / Isabel Bono / Lola Lugo.

[blogpoesía]