Guerrieri, Marcelo

Marcelo Guerrieri naceu en Lomas de Zamora en 1973. Coordinador de talleres literarios en varios países e gañador de múltiples premios no seu país natal, Arxentina, é autor da blognovela El detective bonaerense. En paralelo ás obras dixitais de creadores como Hernán Casciari ou Belén Gache, dito texto electrónico utiliza o modelo do blog para elaborar unha narración que non só reformula a representación da subxectividade herdada do discurso autobiográfico tradicional senón que tamén busca poñer en cuestión calquera tipo de fronteira xenérica.

O seu interese polo formato do weblog plásmase, asimesmo, no desenvolvemento dun blog persoal, no que, ademais de presentar as súas obras, dá conta das súas reflexións sobre a escritura, a tecnoloxía e a literatura en xeral.

[Blognovela]

Deixa unha resposta