Gutiérrez, Juan B.

Juan B. Gutiérrez naceu en Santa Fe de Bogotá en 1973, e desenvolve as súas actividades nos Estados Unidos dende 2001.

É autor de tres hipernovelas: Condiciones Extremas, El primer vuelo de los hermanos Wright e La sombra luminosa de Luciano Valdez. Dentro do seu proxecto de investigación sobre a modelación matemática de espazos narrativos (Florida State University, 2002-2005), creou a plataforma Literatrónica. Dita web preséntase como unha entidade artificialmente intelixente capaz de xerar un libro de ficción específico para cada lector baseado na súa interacción co sistema. Neste sentido, o sistema en cuestión transcende os enlaces hipertextuais estáticos mediante a presentación dun mapa textual polo que guía ao lector en función das súas eleccións previas.

[hipernovela]

Deixa unha resposta