Herrero, Isaías

Isaías Herrero Florensa traballa como deseñador web e programador freelance, e ten aproveitado os seus coñecementos informáticos e de deseño de interfaces para a creación literaria, no ámbito das textualidades dixitais e da narrativa hipermedia.

É membro do colectivo Eleven-Kosmos, e canda este grupo publicou en 2006 21 días (2º Premio Internacional de Narrativa Digital Ciutat de Vinarós), unha conta atrás vital na que se vai facendo un repaso a varios estados de ánimo e diversas circunstancias, e que se formula como un percorrido no que o lector debe dobrar o ritmo que o autor pensou para a súa lectura.

O seu traballo máis importante ata o de agora é Universo Molécula (premio de Poesía Digital Ciutat de Vinarós 2007), unha viaxe metafísica cara á materia que pon en relación a súa estrutura molecular co funcionamento da linguaxe poética. Este universo molecular está habitado por varias tipoloxías textuais (imaxes, sons e palabras), e podémolo transitar grazas a varias formas de navegación, de inmersión lectora e de interacción.

[narrativa hipermedia]

Deixa unha resposta