La manera de recogerse el pelo (Generación Blogger)

La manera de recogerse el pelo é un proxecto colectivo que recolle o traballo dunha xeración de escritoras que hoxe publican e difunden a súa escrita na rede, fundamentalmente a través de blogs persoais, pero tamén en fancíns e revistas dixitais, completamente á marxe do sistema literario convencional ou como complemento da publicación en papel e da concorrencia a certames literarios.

O proxecto consistiu nun blog mantido por Esther Garía Camps, Silvia Oviedo, Gloria Gil Romera, Déborah Vukušić, Lucía Fraga, Ana Vega, Nuria Mezquita, Ana Pérez Cañamares, Cristina Morano, Inma Luna, Begoña Paz, Isabel Bono e Lola Lugo, e por unha antoloxía en formato libro + DVD de vídeopoemas baixo o título La manera de recogerse el pelo. Generación blogger publicada por Bartleby Editores (2010). O responsable da selección dos textos é o poeta asturiano David González, promotor deste proxecto destinado a promover a unión de mulleres poetas activas en internet como colectivo emerxente.

La manera de recogerse el pelo. Generación blogger, Bartleby Editores. Idea e selección do poeta asturiano David González. DVD da poeta visual Patty de Frutos. Limiar de José Angel Barrueco. Autoras: Silvia Oviedo / Ester García Camps / Gloria Gil Romera / Déborah Vukušić / Lucía Fraga / Ana Vega / Nuria Mezquita / Ana Pérez Cañamares / Cristina Morano / Inma Luna / Begoña Paz / Isabel Bono / Lola Lugo.

Deixa unha resposta