Lado, María

María Lado naceu en Cee en 1979. Poeta vinculada desde os seus inicios ao Batallón Literario da Costa da Morte, publicou as obras A primeira visión (Letras de Cal, 1997), Casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2002), Berlín (Concello de Santiago-El Correo Gallego-AELG, 2005) e Nove (Fervenza, 2008). Foi co-guionista con Julia Montilla da radionovela Novembro, dentro do Proxecto Edición MARCO-Fundación Luís Seoane-CGAC (2006) e participa en diversos proxectos multimediais, como a realización de performances poético-musicais, a creación de videopoemas e podcasts ou a versión da súa obra Berlín en audiobook con música de Fanny+Alexander. Ten un blog que hai tempo que non actualiza: Casatlántica.

[blogpoesía, videopoesía, performance]

Deixa unha resposta