Mañas, Moisés

Moisés Mañas é un artista multimedia nacido en Alacante en 1973. Licenciado en Belas Artes e Doutor en Artes Visuais e Intermedia pola Universidad Politécnica de Valencia, é tamén Especialista Universitario en Programación de intranets e internet e membro do grupo de investigación en I+D+I Laboratorio de Luz.

O seu traballo artístico, presentado e premiado en diferentes festivais e exposicións relacionadas coa arte e as novas tecnoloxías, céntrase principalmente na elaboración de arte en rede, a arte electrónica, a experimentación con sistemas de relacións e con estruturas narrativas interactivas. Co Laboratorio de Luz ten presentado diversos interfaces; da súa obra individual destacan as instalacións controladas por sistemas de datos (meteorolóxicos, bursátiles), polo propio usuario ou por sensores de ultrasons.

Realizou tres exposicións individuais: Congratulations we lost the image, WIN-D e Itinerando.

[net-art, multimedia, narrativas interactivas]

Deixa unha resposta