Marías, Fernando

Fernando Marías (Bilbao, 1958) é novelista, guionista ocasional de cine e televisión e editor. Publicou as novelas Esta noche moriré, El niño de los coroneles (Premio Nadal 2001), La mujer de las alas grises, Invasor (premio Dulce Chacón 2005), El mundo se acaba todos los días (premio Ateneo de Sevilla 2005), o libro de relatos Páginas ocultas de la historia, escrito canda Juan Bas e Todo el amor y casi toda la muerte (Premio Primavera de Novela 2010).

No outono do 2010 publica coa editorial S/M a primeira novela transmedia feita en España, co título El silencio se mueve. Trátase dunha novela xuvenil protagonizada polo investigador Juan Pertierra, composta por dúas webs, un blog, un cómic, ilustracións, un guión cinematográfico e ata un teléfono onde se pode chamar para saber máis sobre o personaxe principal, ademais da novela en papel, comercializada pola editorial.

Na web principal pódense atopar varias pezas de texto que dan diversas pistas sobre Juan Pertierra, usando o relato, o monólogo e ata un mapa onde se sitúan diversos feitos relacionados co personaxe. No blog, feito polo ilustrador Javier Olivares, tamén se van facilitando ao longo do tempo varias claves para seguir e tentar solucionar o misterio proposto na novela.

No seguinte vídeo o autor explica en que consiste este experimento de narrativa transmedia aproveitando os novos soportes.

Deixa unha resposta