Martín Ezama, Teresa

Teresa Martín Ezama é unha artista visual e DJ madrileña afincada en Barcelona. É membro do Estudio Note, co que realiza exposicións e distintos traballos audiovisuais, e tamén do colectivo LUMA, dedicado ao audiovisual en directo.

A súa obra abrangue sobre todo a videocreación, a videoinstalación, o live-video, pero tamén ten experimentado coa e-literatura en soporte web, utilizando ferramentas como Processing para crear obras literarias visuais e interactivas, entre as que destacan Ara vus prec e Ara vus prec II.

Segundo a propia autora, Ara vus prec é unha peza na que lectura aseméllase á memoria: ao desprazarmos o cursos pola barra central, unha pequena historia contada e fragmentos irá aparecendo e pouco a pouco esvaíndos, igual que a memoria borra os recordos.

Ara vus prec II é unha peza que explora a orde e a combinación de palabras (verbos, substantivos e o pronome “tú”). O texto vaise destruíndo progresivamente ata resultar ilexible e converterse en textura.

Teresa Martín Ezama tamén se interesa polas posibilidades dos locative media, como mostra en Días tranquilos, seegundo ela un proxecto de literatura urbana no que a lectura da historia realízase en localizacións reais mediante a lectura de códigos QR. A historia é narrada en sete fragmentos compostos por vídeo e textos.

Deixa unha resposta