Mencía, María

María Mencía é artista e profesora na Kingston University de Londres. Tanto a súa práctica artística como a súa carreira académica vincúlanse aos medios dixitais. Os seus traballos exploran a confluencia entre o visual, o aural e o semántico na elaboración de poéticas dixitais de carácter multimedia e interactivo. Así, o seu interese céntrase nas prácticas interdisciplinares que mesturan diferentes tradicións culturais previas (cine, poesía concreta ou sonora, etc.) coas poéticas dixitais, a escritura electrónica e a arte ligada aos novos medios. As súas creacións, principalmente en lingua inglesa, obtiveron múltiples premios e foron presentadas en reunións internacionais como: e-poetry 2009 Barcelona; FILE Poetry 2006 São Paulo; ISEA 2006 San José, USA; NODE-London 2006; CIRCA 2006, Puerto Rico; e-poetry London 2006; ARCO Madrid 2004.

Os seus proxectos máis recentes abordan a produción de poemas dixitais a partir de múltiples perspectivas diferentes, dende a xeración automática de textos (Autocalligraphy:Electronic Generative Handwritting) ou composicións visuais (Speech Sound Generated Visual Poems) até a experimentación coas posibilidades de combinación abertas pola linguaxe (Accidental Meaning). Asimesmo, en obras como Cityscapes: Social Poetics/Public textualities e Connected Memories, indaga no valor politico da poesía dixital: se a primeira deconstrúe as mensaxes procedentes da iconoloxía publicitaria a través dun entorno dixital conformado mediante as experiencias de grupos subalternos, a segunda reconstrúe narracións derivadas de colectivos marxinais nun proceso constante de recontextualización e transformación.

Máis información na súa web.

[poesía visual, net-art]