Méndez, Pelayo

Pelayo Méndez (Asturias, 1977) é licenciado en Ciencias da Información na Universidade de Salamanca, con especialización en Recursos Multimedia, e en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Barcelona. Nesta cidade reside actualmente e e combina o ensino co seu traballo como programador multimedia en arte e o literatura. Ten publicado un bo número de poemas, artigos e relatos en varios formatos online e desenvolvido obras dixitais con artistas visuais. No 2011 comezou a producir as súas propias obras como artista, combinando o mundo da literatura e a escrita creativa coa arte visual usando código.

One little web é o seu blog sobre código creativo e onde alberga boa parte dos seus proxectos. Tamén é socio, con Román Torre, do estudo We love code, no que realizan “proxectos e sistemas orientados a proporcionar unha experiencia interactiva e visual, abarcando campos que van desde as artes escénicas ou as instalacións artísticas ata os sistemas de información e eventos publicitarios”. Teñen colaborado entre outros coa compañía La Fura deseñando escenografía interactiva para a súa obra Orfeo e Eurídice, ou no ámbito da performance interactiva publicitaria coa axencia Tigrelab por exemplo para este anuncio de Jack Daniels.

A súa obra ACITEOP, un experimento de poesía algorítmica, levou un accésit nos LÚMEN_EX 2011 (Premios de Arte Dixital da Universidad de Extremadura) e foi seleccionado para a ELO Media Art Show, dentro da conferencia de 2012 a Electronic Litereture Organization, nos Estados Unidos.

Deixa unha resposta