Molinari, Claudio

Claudio Molinari é escritor, tradutor e profesional da publicidade, a televisión e o cinema (Premio AIGA 2007 da Asociación de Profesionais do Deseño de Nova York). Forma parte do equipo de redacción da revista dixital Proscritos.

Nos seus traballos de creación predomina unha perspectiva irónica e crítica perante o que o autor denomina o “complexo publicitario-fascista” da era dixital, como propón na obra finalista da bienal Youtube Play Homo Modernus, Tractatus Philosophicus

Entre os seus últimos traballos destaca o Manifiesto Ignicionista.