Santiago Ortiz naceu en Bogotá (Colombia en 1975) e está afincado en Barcelona
Socio fundador do proxecto Bestiario, é artista, matemático e creador de interfaces dixitais de coñecemento e realizou tamén estudos de Literatura.
Cofundador da revista de arte e cultura dixital Blank e membro de MediaLabMadrid, dirixe un equipo de investigación transdisciplinar sobre redes sociais, información complexa e interactividade e visualización de datos.
Algunhas das súas obras, exhibidas no ámbito artístico, son concibidas como interfases entre a comunidade científica e a sociedade, indagando na construción de espazos comúns para diversos coñecementos (instalacións dixitais, esferas interactivas conformadas por redes de combinacións semánticas, árbores e mapas de datos, xogos con son e enerxía, entre outros).
[ciberarte, narrativa dixital, visualización de datos, software]