Palacios, Daniel

Daniel Palacios naceu en Córdoba no 1981. Licenciado en Belas Artes pola Universitat Politècnica de València, fixo un máster en Arte e
Tecnoloxía na Universidad Europea de Madrid e outro en Arte na esfera pública na Universidad de Castilla La Mancha. O seu traballo explora as relacións entre arte, ciencia e tecnoloxía. Na actualidade reside en Berlín, onde desenvolve o seu traballo no Künstlerhaus Bethanien. Alí investiga a percepción material do intanxible (o paso do tempo) e os ámbitos da recepción.

A súa obra foi exposta no National Art Museum de China (NAMOC), no Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea (MEIAC), na Neue Gallerie de Graz e no Zentrum für Kunst und Medientechnologie (ZKM) de Karlsruhe. Tamén participou en feiras como ARCO e festivais como Ars Electronica de Linz.

As súas últimas obras son Measuring Berlin, Receptive Environments, Cargo e Kill the Process

    Web persoal.

Deixa unha resposta