París, Samuel L.

Samuel L. París naceu en Muros no ano 1984. É poeta e músico. Como poeta publicou Manual da destrución (A Regueifa Netlabel, 2008) en formato eBook con licenza Creative Commons.

A súa poética xira arredor do urbano e o moderno, fuxindo dos referentes clásicos da poesía. Aposta pola linguaxe coloquial e achega un modelo formal que xoga coa disposición textual, a tipografía e os xiros lingüísticos. Como músico, forma parte do grupo Terbutalina e tamén formou parte de Kenodí?

Foi un dos primeiros blogueiros en lingua galega, e dos máis precoces, e dos primeiros en escribir poesía neste soporte. O seu blog, titulado Está chovendo no paraíso, estivo activo entre finais do 2003 e o 2010.

Traballou como técnico de edición na editora 2.0 Editora e na actualidade é parte do proxecto Tinta de Lura, que intenta achegar a poesía galega ao público mediante camisetas de inspiración pop.

[blogpoesía]

Deixa unha resposta