Paz, Begoña

Begoña Paz naceu na Coruña en 1965. É escritora. Estudou filoloxía hispánica pola UNED e logo realizou un posgrao en Cultura e violencia de xénero e un mestrado en Literaturas Hispánicas. Entre 2008 e 2007 escribiu o blog Pernascochas, no que expón unha serie de blogpoemas acompañados de fotografías, aínda que tamén pendura textos de outros autores de todo o mundo. No ano 2006 acadou o premio Centenario de Ribeira de Novela Curta con As mellores Intencións, publicado por Xerais. Ten publicado en diversas obras colectivas en lingua galega e castelá. Entre elas está o libro + DVD + blog La manera de recogerse el pelo. Generación Blogger (Bartleby, Madrid, 2010). Tamén formou parte do equipo que escribiu o guión d’O Divino Ferrete, primeiro filme pornográfico en lingua galega, editado por 2.0 Editora e que proximamente estará pendurado na rede.

En papel publicou as obras de narrativa A ferida (2004, Xerais), Norocai (2005, Bahía Edicións), As mellores intencións (2006, Xerais). Ten un poemario intédito, A mala vida, do que hai unha pequena escolma dispoñíbel no Centro de Documentación da AELG.

[blogpoesía]

Deixa unha resposta