Remírez, Félix

Félix Remírez Salinas (1957) é enxeñeiro industrial pola Universidade de Navarra e a súa vida profesional desenvólvese no ámbito da gran maquinaria. Leva publicado máis de noventa artículos técnicos en edicións españolas, norteamericanas e alemás. É tamén un paixonado da astronomía.

No eido literario é prolífico escritor de contos e relatos, algúns dos cales teñen recibido galardóns en varios concursos ou teñen sido publicados. Coñecedor das técnicas de programación de ordenador, sistemas multimedia e aplicacións informáticas aplicadas á comprensión virtual da linguaxe, compaxina profesión e afección investigando a aplicación dos novos medios na creación de obras de literatura dixital, campo no que está especialmente interesado.

Escribiu varios relatos dixitais, entre os que destacan Trincheras de Mequinenza, La hermandad de los escribanos, Una contemporánea historia de Caldesa, denominada polo autor “multihistoria dixital“, así como Speeches and Poemas ou Ciento cuatro vidas.

Foi ponente en diversos congresos sobre literatura dixital. Creou e mantén o blog literario Biblumliteraria, onde se explora de maneira crítica a creación dixital e se presenta una sección de relatos breves.

[ficción hipertextual]

Deixa unha resposta